domingo, 29 de abril de 2012

A CAIXA DOS AFECTOS

Que tal chic@s! Verdade que todos temos algún día no que estamos un pouco desanimados? Ou algún momento no que nos poñemos un pouco tristes?

Na nosa aula temos unha caixa especial: "A CAIXA DOS AFECTOS"; para abrir nestes momentos delicados, recuperar a alegría e SORRIRRRRRR!

Está custodiada por dous gnomos do XARDÍN DA FELICIDADE. Gústavos?
Ao abrila podedes atopar moitas sorpresas: xogos, cancións, debuxos con fermosas palabras, chistes... Todo aquilo que serve para levantar o ánimo.

Queredes botarlle unha ollada?


sábado, 21 de abril de 2012

ESPECIAL DÍA DO LIBRO LIBERADO, COMPARTIDO E RAPEADO

Sabes que as abellas fabrican o seu alimento sen destruír nada? Ademais doan a maior parte. Teñen espírito de doazón. Nun acto pouco común de "DESAPEGO" abandonan o que lles levou unha vida construír. Simplemente sóltano sen preocuparse polo destino que terá.

Os humanos pensan que non poden ser felices se non teñen cousas, persoas, compañía, amor, traballo, un corpo perfecto... Pero hai que recordar que nada nin ninguén nos pertence, que non viñemos ao mundo para posuír cousas ou persoas e que debemos soltalos.

A que estás apegado? Que temes perder?

Que che parece compartir ou regalar un libro?

Esto foi o que estivemos a facer estes días coa campaña LIBERA UN LIBRO (BOOK CROSSING) para conmemorar O DÍA DO LIBRO (23 de abril) e na que cada ciclo tiña o seu punto para facelo.E nós, neste blog, queremos aportar  algo moi especial...unha historia, unha colaboración, uns sentimentos..

 José Lodeiro Gesto, profesor de música e escritor afeccionado, comparte a súa historia titulada "AQUELES ANOS", JHARECK (Iago Rey) comparte a letra desta historia adaptada a rap e a súa voz, os alumn@s de 6ºB comparten as súas ilustracións e eu... comparto e libero todo este amor... 

Felíz día do libro liberado,compartido e rapeado!
 

domingo, 15 de abril de 2012

REFORÉSTATE CON VOZ NATURA!

Reforéstate! é o himno deste curso de VOZ NATURA!
Os alumn@s do Máster de Produción e Xestión Audiovisual elaboraron este videoclip de mostra.


Nós participamos, no concurso de vídeos, con esta proposta onde a fantasía e imaxinación dos nen@s contan a beleza dun mundo con árbores e natureza, paseando por un bosque encantado e pasando por todas as estacións do ano.

Co lema NON PERMITAS QUE O BOSQUE ESTEA SÓ NA NOSA IMAXINACIÓN. REFORÉSTATE! 

 Este é o resultado...




(Prazo para votar ao noso vídeo dende o 4 de maio ata o28 de maio de 2012)

Podedes ver O BOSQUE ENCANTADO (XARDÍN DA FELICIDADE), que serve de base para este vídeo, exposto na entrada do colexio.

martes, 10 de abril de 2012

APRENDENDO A SER FELIZ (DINÁMICAS E ACTIVIDADES )

Despois de coñecer a mensaxe do noso xardín dos gnomos na que a nosa felicidade debe ser moi, moi importante... chegou o momento de a aprender e experimentar. 

Pero... prepárate! Esto é só o comezo!

Neste poster dixital hai  unhas actividades sobre a FELICIDADE.
1º CICLO DE PRIMARIA

2ºe 3º CICLO DE PRIMARIA

domingo, 8 de abril de 2012

O XARDÍN DA FELICIDADE

BENVID@S! Comezamos este trimestre celebrando a PASCUA, do hebreo pésaj, e que significa PASO, TRANSFORMACIÓN...QUE A NOVA VIDA NOS EMPAPE DUN CORAZÓN NOVO...

É UNHA ÉPOCA PARA RENOVAR A ALMA.

Para guiarnos nesta tarefa presentamos un traballo no que colaboraron alumn@s de 2º e 3º ciclo...


 O XARDÍN DA FELICIDADE!

Un xardín especial onde os gnomos son os protagonistas e teñen unha misión moi importante: ensinarnos a ser felices e a vivir con alegría. Atréveste co reto?



FELICES PASCUAS!

 FELIZ TRANSFORMACIÓN!
 (próximamente en Contadora)
 
aladin