martes, 29 de mayo de 2012

CAMPEÓNS DA UNIÓN E DA COLABORACIÓN

Na película que estamos a traballar na aula "O SOÑO DE IVÁN" aclaman como campeóns ao equipo que perde porque demostraron coraxe, valentía, ilusión por apostar contra alguén que era máis forte e entrar igoal no xogo... 

Esto foi o que nos pasou a nós no concurso de vídeos de Voz Natura "Reforéstate".

Quedamos segundos con  589 votos cheo de cariño, amor e ilusión que queremos devolver con este agasallo no que empregamos dous recreos para ensaiar e grabar. A que no Barrié temos os mellores nen@s do mundo? Pois iso! Campeóns!!!

viernes, 25 de mayo de 2012

XOGO DE EQUIPO ELABORADO POR UNICEF

Agora, na clase,  toca traballar a película "O Soño de Iván".

Neste xogo, elaborado por Unicef, repasaremos momentos importantes da película  e experimentaremos unha serie de valores que nos axudarán a convertirnos en "MELLORES PERSOAS"

 Preme na imaxe e adiante!(Ao premer na imaxe o botón de comezar está na parte inferior da pantalla. Se tes unha resolución demasiado grande quizais non apareza. Debes pulsar CTRL-- ata que quepa todo na pantalla)

domingo, 20 de mayo de 2012

O SOÑO DE IVÁN

Dende O XARDÍN DA FELICIDADE ven esta proposta de traballar a película "O SOÑO DE IVÁN". Iván é un neno de 11 anos ao que lle encanta xogar ao fútbol e o seu soño faráse realidade grazas a UNICEF

Unicef é unha organización que loita polos dereitos dos nen@s en todo o mundo e a raíz dun terremoto en GRISSAU, África, e para recaudar fondos, organiza, xunto coa FIFA, un partido de fútbol entre os mellores xogadores do mundo e unha selección de nenos.

Esta película, baseada no libro de ROBERTO SANTIAGO, traballa valores como O ESFORZO, o TRABALLO EN EQUIPO, respeto as diferenzas (INTERCULTURALIDADE) HUMOR, moito HUMOR e moitas sorpresas na aula. Preparádevos!


domingo, 13 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE PARA 2º E 3º CICLO

Ola chic@s! Que semana tan importante na que celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a VALENTÍN PAZ ANDRADE, un gran poeta que escribiu algúns poemas sobre o mar. Eu estou tamén practicando a ver se me saen tan ben ou mellor ca él! Ja!!!

Mentras remato isto por que non vedes un vídeo sobre a súa vida?  
E agora poñede en práctica os vosos coñecementos. Premede na imaxe e adianteeee!

lunes, 7 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE NO XARDÍN DA FELICIDADE

Desta volta non vos vou falar eu...Co que a min me gusta! Leilía, unha gnoma do xardín da felicidade, é a que vos quere explicar algo moi importante que viviremos na aula. Escoitade ben...  
Como vos dixo Leilía neste vídeo aparece a ÁRBORE DAS LETRAS, habitante do XARDÍN DA FELICIDADE e que vos falará sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE un gran soñador que loitou para cumplir os seus soños (especial para Educación Infantil e Primeiro Ciclo)  
 E agora que tal se poñemos en práctica os coñecementos adquiridos? Preme na imaxe e adiante!!


viernes, 4 de mayo de 2012

VOTACIÓNS VÍDEO REFORÉSTATE CON VOZ NATURA

Ola a tod@s! Hoxe iníciase o proceso de votacións do noso vídeo que presentamos a Voz Natura. Accede ao facebook de Voz Natura E VOTA A NOSA PARTICIPACIÓN (Preme na imaxe e irás directo)






 
aladin