sábado, 23 de junio de 2012

UNHA SORPRESA DE ÚLTIMA HORA E MEMORIA DO CURSO

Quero despedir o curso co último evento ao que asistimos: a gala de curtas OLLOBOI 2012. Presentabamos dúas curtas "UNHA BRUXA EN INTERNET"(6º) e "FELICIDADE" (5ºA-profe Fernando) e esta última quedou como finalista do premio do público. Ao final a gañadora foi "SOMBRAS". Aquí vos deixo a foto da gala cos finalistas e os gañadores, mirade ben a ver se me atopades por aí.
 (Premendo na foto irás a páxina de OLLOBOI para coñecer os premiados)

E este é o resumen do que fixemos durante o curso. Cada vez que teño que facer as memorais me pregunto o mesmo: pero... todo isto o fixemos nós?

Bicos a tod@s e pasade bo verán.

lunes, 18 de junio de 2012

TROPECENTOS MOMENTOS FELICES, DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º

Nesta carreira da vida os alumn@s de sexto chegaron á meta. Pero esta é só unha primeira etapa, agora teñen por diante outras distintas e non por eso menos atractivas.

Ao ritmo de MANDINGA preséntovos a súa despedida onde a maxia das lembranzas nos acolle con agarimo. Pero para onde miraredes? para a esquerda, á dereita, arriba, abaixo...? Buff!!! Vaia trastada maís grande! Fotos mezcladas, vídeos entrecruzados... todo co obxectivo de facer menos duro este trance. E eu sempre con vós, ata o final. Quérovos.

miércoles, 13 de junio de 2012

OS CÓMICS DA ESPERANZA, CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR

Bufff!! Estou intentando facer un cómic pero non é nada, nada fácil. Como poden facer os rapaces e rapazas do cole? Vaia artistas que temos! Non só debuxan senon que  tamén empregan a súa imaxinación para elaborar os guións. Menuda creatividade!

Aquí tedes os dous cómics elexidos para formar parte da revista escolar "O LARETEIRO DO XALLAS" deste ano e que, xunto con outros, forman parte do libro "CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR" que estará na Biblioteca próximamente.

Parabéns a tod@s!


viernes, 8 de junio de 2012

¡soɯos ɐíp/DÍA SOMOS!

˙séʌǝɹ op ɐpuǝɹd ɐɥun oxnoɹʇ opunɯ o opoʇ ǝnb ísɐ ¡¡ɐʇloʌ ɐ ǝllopuáp sıod ¿oɯoɔ ǝ ˙ɹollǝɯ opunɯ un ɹınƃǝsuoɔ ɐɹɐd soɯɐɹoqɐloɔ ǝpuo ¡soɯos ɐíp o 'lɐıɔǝdsǝ ɐíp ǝʇsǝu sopoʇ ɐ ɐlo

˙ɐíp ǝʇsǝp sɐpıʇɹǝʌıp uɐʇ soʇoɟ sɐ ɹǝʌ opuɐxǝsǝp sǝpɐʇsǝ ǝnb oɹnƃǝs oɹǝd oldɯǝxǝ ɹɐp uǝ ɐɹıǝɯıɹd ɐ uos nǝ ǝnb sǝpǝʌ ɐx


¡ɹɐʇnɹɟsıp ɐ ¡sǝpǝʇ sɐ ínbɐ sıod

Ola a todos neste día especial, O DÍA SOMOS! onde colaboramos para conseguir un mundo mellor. E como? Pois dándolle a volta!! Así que todo o mundo trouxo unha prenda do revés.

Xa vedes que eu son a primeira en dar exemplo pero seguro que estades desexando ver as fotos tan divertidas deste día.  Pois aquí as tedes! A DISFRUTAR!

miércoles, 6 de junio de 2012

FÚTBOL NO BARRIÉ

Vaia sorpresas que temos preparadas na aula relacionadas co mundo do fútbol e coa película "O SOÑO DE IVÁN". 

Dende un futbolín onde practicar nos momentos de ocio ata un campo de fútbol feito polos alumn@s de 6º. Unha colchoneta verde serve de base para o campo onde hai dous equipos, os das estrelas e os dos rapaces, nos que os  xogadores levan a imaxe daqueles que xogan ao fútbol respetando aos demáis, con educación inculcando o xogo limpo e... ATA TEMOS DÚAS MASCOTAS!!! 

A que non vos importaría vir aquí e disfrutar con nós?





 
aladin