domingo, 29 de julio de 2012

SÉ UN ANXO VERDE!

Que contentos quedaron os gnomos do xardín da felicidade cando viron esta proposta de ser un anxo verde!!!... Ah! que non sabes de que vai iso? Pois explícocho!!

Eco feliz é unha é unha campaña da Fundación Entorno. Claramente din que non é feliz quen máis ten nen o que máis gasta, senon quen emplea ben o que ten. Propoñen un ESTILO DE VIDA que che faga sentir fabulosamente ben vivindo ben e facendo o ben.

Para conseguir esto só tes que ser responsable co planeta, coidalo moito, así contribuirás ao benestar de todos e serás un anxo verde.

Eu xa teño as miñas ás. Se queres conseguir as túas preme na imaxe de abaixo e visita "ECO CASA", unha páxina web cun xogo interactivo no que aprenderás a consumir responsablemente. Cando chegues ao final obterás as ás verdes a través dunha aplicación de Facebook. 
E aquí che deixo algún dos famosos que xa son ANXOS VERDES! (Preme na imaxe)
 

No hay comentarios:

 
aladin