sábado, 29 de septiembre de 2012

REIKI PARA NENOS 2 E "LADY MAGIC"

Despois da clase anterior onde explicamos o significado de REIKI unha destas luceciñas, con ás de bolboreta, ven a visitarnos dende o Universo, chámase “LADY MAGIC”. Ela vai colaborar con SPAK, "O garda do Medallón Máxico" para convertirnos en MAGOS DA SATISFACIÓN 

Queredes coñecela mellor ?
O primeiro que vai a facer LADY MAGIC e ensinarte a bendecir o novo día co CHO KU REI, trazándoo e visualizándoo. Atento a esta meditación.

BENDICE O NOVO DÍA CON CHO KU REI

E agora, para rematar de relaxarnos imos centrarnos noutra ensinanza: OS PRINCIPIOS DO REIKI. Escoita atentamente…

martes, 25 de septiembre de 2012

REIKI PARA NENOS, O CAMIÑO DO AMOR

Xa temos a chave máxica nas nosas mans e nos nosos corazóns para ser un mago do Amor. Só che queda un pequeno paso para que abra a porta por completo a luz máxica do Amor e é coñecer outra palabra máxica:

Textos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.comTextos Animados en MuchoGrafico.com

Reiki é amor, é algo moi especial parecido á maxia que non se ve pero síntese a través das nosas mans. A que practicando co símbolo CHO KU REI, xa experimentaches algo disto? Escoita ben a orixe deste símbolo e o significado de REIKI.



Agora que coñeces a orixe de REIKI é necesario que sepas para que é util: Reiki serve para que unha persoa empece a coidarse, a adoptar hábitos saudables de vida, a coidar a súa alimentación, a súa actitude ante a vida, a crecer como persoa en todos os aspectos que como seres en proceso de evolución, temos que abarcar e percorrer, para chegar ao final da vida, satisfeitos, sans e felices


A continuación deste conto realizase unha sesión de REIJU na aula (imposición de mans por parte do profesor, unha bendición que permite ser un canal de REIKI, un canal de enerxía, de luz e de amor). Mentras escoitamos as cancións “Somos luz”, “Love is the only" e “Ilumina o mundo".

E despois desta agasallo tan fermoso que nos ven do Universo apetéceche dar unha volta por él?
 (Preme na imaxe, segue as instruccións e verás que sorpresa)




viernes, 21 de septiembre de 2012

CHO KU REI, UN SÍMBOLO SAGRADO (reiki para nen@s)


Neste inicio de curso  os rapaces maiores fixeron a meditación do "Sabio da Montaña" (ver entrada anterior) e recibiron un regalo especial: o símbolo máxico coas palabras esquecidas para conseguir a felicidade e ser MAGOS DO AMOR.

Canta enerxía traballamos na aula!!!


Os alumn@s de primeiro ciclo tiveron unha meditación distinta: un anxiño veu de visita, e mentras lles cantaba unha canción regaloulles o mesmo símbolo. Queredes escoitala? 

O Símbolo sagrado chámase CHO KU REI e significa "DEUS ESTÁ AQUÍ". 

Mirade neste vídeo que experiencia tan marabillosa!!



Como vedes as mans son moi importantes. Cando realizamos o símbolo do CHO KU REI, estamos a facer algo parecido á maxia xa que sentimos a enerxia a través delas.

As mans son un sinal de identidade do ser humano e, despois da cara, é a parte do corpo que máis empregamos na vida diaria. As mans tamén demostran o estado de ánimo dunha persoa.

Acabamos de despertalas para algo moi importante, empregalas no benestar emocional, físico e espiritual.  Como vedes PODEMOS TER O MUNDO NAS NOSAS MANS!!! Seguimos practicando cunha sesión de Ioga?



Ioga Coas Mans

lunes, 17 de septiembre de 2012

O MAGO DO AMOR, UN SÍMBOLO MÁXICO E UNHA GASOLINA ESPECIAL

Xa che contei que neste curso terás a oportunidade de ser un gran mago,o mago do Amor,  O MAGO DA SATISFACCIÓN

Por que este nome? 

Porque quen vive de acordo aos valores do ben está contento, síntese mellor e ao contribuir ao benestar dos demáis está SATISFEITO.

E... QUE SON OS VALORES DO BEN? Os valores do ben explícanse todos os días, son parte da túa vida, axúdanos a ser felices e a que cada persoa obteña o que se merece.

Se tí aprendes moito e cumples as túas responsabilidades eu serei o primeiro en felicitarte. Se ti e eu cumplimos os valores do ben, amamos a vida, a respetamos e damos o mellor que temos, estamos contribuíndo a crear un mundo mellor. Gústache o reto?

Para ser un mago do amor, da satisfacción,  debemos ter unha iniciación. O primeiro día xa ensaiamos visualizando e relaxándonos e agora escoita, atende, visualiza, sinte, vive o que aquí che vou a contar porque este é outro paso máis, moi importante. Unha PALABRA E UN SÍMBOLO MÁXICO está esperándote!
O SABIO DA MONTAÑA

Agora que  xa tes a túa palabra máxica e o seu símbolo...
... Lembra que para desempeñar a túa tarefa necesitas unha gasolina especial...

miércoles, 12 de septiembre de 2012

UNHA BENVIDA MÁXICA

Ola a tod@s! Tal como vos prometín este curso no cole a maxia estará por todos os rincóns!!!

Para empezar tivemos a visita dun estupendo colega meu, o  MAGO MARTÍN CAMIÑA, que cos músicos do grupo FUNKATRO animaron o primeiro día de cole co seu espectáculo "POESÍA, MÚSICA E MAXIA"

Queredes botarlle unha ollada e ver a súa maxia?

E agora aquí tedes a miña particular benvida a nosa aula.  É algo máxico, O PRIMEIRO DÍA UNHA RELAXACIÓN DE BENVIDA!!! Estou seguro que todos e todas o conseguiredes porque este é un dos pasos para ser un gran 

Só tedes que visualizar o que se vos vai dicindo. Sabedes? Unha das facultades máis poderosas do noso cerebro é a de visualizar, é decir, crear imaxes, imaxinar. Visualizar é poñer imaxes aos noso pensamentos e esto xa o facemos inconscientemente mentras soñamos. Se visualizas con intensidade o que queres, conseguiralo. Si, xa sei que parece maxia e en realidade é. Somos todos uns magos excelentes, o que pasa é que temos que practicar. ÁNIMO!

E, por último para rematar, tal e como estás sentado na silla e relaxado céntrate na  nosa canción de benvida especial.



 PARA PRIMER CICLO  

"Bienvenido a este lugar" de Mariana Gómez (Jugar y Vivir los Valores 1), "La Bienvenida" de Eugenio Paoli(Jugar y Vivir los Valores 2)
PARA TERCER CURSO DE PRIMARIA

 "Eres Bienvenido" de Marisol Sosa (Jugar y Vivir los Valores 3)


 PARA CUARTO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

miércoles, 5 de septiembre de 2012

O GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO

No Xardín da Felicidade vive un gnomo moi sabio. Dín que era sabio dende antes de que apareceran os dinosaurios no noso planeta. E sabedes? Observando aos humanos, ao longo dos séculos,  notou que non eran capaces de dar amor xa que... esqueceran as palabras máxicas que facía esto posible!!! 

Esto fixo que os humanos se puxeran tristes. Xa non eran felices, finxían e aguantaban para expresar os  sentimentos e, claro, de tanto aguantar as veces EXPLOTABAN!!! Entón acontecían as mentiras, as guerras, os crímenes, as inxustizas... TANTAS COUSAS MALAS!!!

Así foi como, no Xardín da Felicidade, decidiuse nomear a un gnomo como o GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO e cunha misión moi importante: lembrarlle aos humanos as palabras máxicas esquecidas e que teñen agochadas no seu corazón (o seu medallón máxico); convertilos nuns magos que empregan unha gasolina especial, o amor,   e axudar a estendelo cun tratado de maxia cheo de feitizos e pocións rebosantes de valores.

Prepárate este curso porque a Maxia estará por todos os rincóns!!! 


 
aladin