miércoles, 5 de septiembre de 2012

O GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO

No Xardín da Felicidade vive un gnomo moi sabio. Dín que era sabio dende antes de que apareceran os dinosaurios no noso planeta. E sabedes? Observando aos humanos, ao longo dos séculos,  notou que non eran capaces de dar amor xa que... esqueceran as palabras máxicas que facía esto posible!!! 

Esto fixo que os humanos se puxeran tristes. Xa non eran felices, finxían e aguantaban para expresar os  sentimentos e, claro, de tanto aguantar as veces EXPLOTABAN!!! Entón acontecían as mentiras, as guerras, os crímenes, as inxustizas... TANTAS COUSAS MALAS!!!

Así foi como, no Xardín da Felicidade, decidiuse nomear a un gnomo como o GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO e cunha misión moi importante: lembrarlle aos humanos as palabras máxicas esquecidas e que teñen agochadas no seu corazón (o seu medallón máxico); convertilos nuns magos que empregan unha gasolina especial, o amor,   e axudar a estendelo cun tratado de maxia cheo de feitizos e pocións rebosantes de valores.

Prepárate este curso porque a Maxia estará por todos os rincóns!!! 


No hay comentarios:

 
aladin