miércoles, 31 de octubre de 2012

MAXIA NO SAMAÍN!

Ondas de chuvia, aire de música.
Auga cautiva, gruta marina.
Nome de fadas, forza encantada.
Vento que ulula, bosque de bruxas.
Unha palabra, e nela, MAXIA... 



sábado, 27 de octubre de 2012

FANTASÍA ANIMADA!

A nosa biblioteca está a engalanarse para as sesións de contacontos do mes de Novembro. Mirade que entrada tan bonita! 
 Este é o programa!

E o mellor para o final! Aquí tedes o vídeo de presentación destas sesións de contacontos a cargo dos alumn@s de 6º! 
FANTASÍA ANIMADA!

domingo, 21 de octubre de 2012

ESPECIAL MAXIA

Hai varias noites máxicas no ano: San Xoán, Noiteboa, Reis, Samaín... A máis próxima é a de SAMAÍN, do 31 de outubro ao 1 de novembro. 

Na aula estamos a preparar, cos alumn@s de 6º,  uns contos máxicos para contar na biblioteca ao longo do mes de Novembro e así celebrar, todos xuntos, esta festa especial. Para abrir boca, aquí tedes un poster dixital onde podedes aprender moito sobre o mundo da maxia e os magos.

ALAKAZIN, ALAKAZAN!!!!

domingo, 14 de octubre de 2012

APRENDENDO A SER FELIZ, O CORAZÓN DA FELICIDADE

Chegou o momento de presentarvos o xogo titulado "Aprendendo a ser feliz, o Corazón da Felicidade" que nos permitirá practicar Reiki e converternos en aprendices de MAGOS.

Primeiro temos unha introducción explicando o por que deste proxecto e as actividades realizadas previo xogo.

Pero, para chegar ao interior do corazón e alcanzar o ceo, deberemos pasar por todas as casiñas (en total 25), aprender, xogar... só así lograremos ter todos os ingredientes para ser un MAGO DO AMOR e realizar os nosos conxuros. Como comprenderedes esto vainos levar moitas, moitas sesións, e moito, moito tempo. 

Despegamos rumbo ao ceo! 

martes, 2 de octubre de 2012

OS CHAKRAS EXPLICADOS AOS NEN@S

Ola a tod@s! Esta luceciña de Reiki, chamada LADY MAGIC, estará con nós durante varias clases nas que imos aprender o que son os chakras e a súa importancia para a nosa saúde emocional, física e espiritual. 

Para ser un canal de Reiki  debemos coñecer os puntos onde é necesario que poñamos as nosas máns para contribuir ao noso benestar e ao dos demais.

Quen mellor que ela para ensinanos,  a que sí?
 
 
aladin