martes, 27 de noviembre de 2012

O BOSQUE DO ESPELLO ENCANTADO (CONTACONTOS NA BIBLIOTECA)

Os espellos teñen un misterio, gardan segredos, pero... e se te atopas con un que che axuda a quererte (autoestima) e que che mostra o camiño da felicidade? Eso é o que pasa  neste conto que transcorre nun  bosque encantado. Aquí hai que andar con precaución porque miles de corazóns necesitan quererse, aceptarse, respetarse e comprender que "VALEMOS POLO QUE SOMOS". Será o teu un deles?


A continuación, coma sempre, podes cantar as cancións do conto
 ES NAVIDAD  

TE VOY A ESPERAR


E, agora, podes practicar a túa autoestima con este xogo: localiza as caras sorrintes e xa verás as reaccións positivas que desencadean en tí. 'Grow your Chi', ´e decir  'Fai medrar o teu chi' (a palabra china para designar a enerxía vital).
 

martes, 20 de noviembre de 2012

"A TERRA ESTÁ EMBRUXADA" CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Realmente a sesión de hoxe de contacontos na Biblioteca foi... IMPACTANTE!

 A que liou o grupo de 6º A para poder romper un maleficio que tiña á Terra, o noso planeta, totalmente abatida e enferma! 

Comprobade vos mesmos o que vos estou a decir...

  
Agora, coma sempre, podedes cantar a fermosa canción que serviu para romper o maleficio e curar ao noso planeta.



E para rematar, como hoxe é 20 de novembro "Día Universal do neno", premendo na imaxe seguirás aprendendo moito da nosa casa "A Terra" e sobre o desenvolvemento humano.

sábado, 17 de noviembre de 2012

A MAXIA DA TERRA

A terra, o noso planeta... fermoso verdade?

Se queres coidalo, respetalo, amalo...  Ven ao contacontos na nosa Biblioteca o luns 19 de novembro "A terra está embruxada"! Todos somos necesarios para romper un maleficio e poder facer da nosa casa un lugar máis habitable!  Non permitas que se quede, para sempre, como nesta imaxe!

martes, 13 de noviembre de 2012

A BRUXA, O MAGO E O SUPERFEITZO

A palabra máxica máis importante do mundo é PERDÓN. Perdón... mamaíña! Nin máis nin menos!... Pensaches algunha vez que problemas se solucionarían na túa vida se soupeses practicar, en realidade, o Perdón?

Na historia de hoxe, na sesión de contacontos da biblioteca, hai dous personaxes que están sempre a pelexar e teñen que aprender o poder desta palabra.

Disfruta e aprende dela tanto como nós fixemos ao preparala.


Agora apetéceche cantar con nós a canción do conto?



E, para finalizar, aquí tes un agasallo do mago e da bruxa. Unha mensaxe segreda debes descubrir, serás capaz?

PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO


PARA SEGUNDO E TERCER CICLO

lunes, 5 de noviembre de 2012

O MAGO DAS PALABRAS AMABLES


O teatro de sombras é un recurso máxico para contar historias, inventalas ou adaptalas. Poñelo en práctica leva consigo un exercicio de lectura, de selección, reelaborar textos, de dicción, de secuencias e orde, ademais dun traballo detallado coas mans.

O resultado sempre é espectacular porque, ante un espazo escuro no que dirixes a túa vista ao foco de luz e do que aparecen personaxes con cousas que contarche, inevitablemente enmudeces.

É, tamén, un instrumento de creatividade, de lectura, de invención de historias, de traballo en equipo, de motivación, de expresión ora, de fomento de relacións persoais e de autoestima.

Esta é a nosa incursión dentro deste estilo de traballo e esperamos que che guste. Trátase da historia dun gran Mago, O MAGO DAS PALABRAS AMABLES


Sabes que as palabras amables son máxicas? Son chaves que abren todas as portas. Sen embargo, as palabras que firen son como portas de ferro pechadas con pesados candados. Todos escollemos diaiamente entre ser chaves ou portas pechadas. Esta é unha decisión da boca. 

Disfruta con nós desta aventura presentada polos alumn@s de 6º A.

Agora, aquí che deixo a canción do conto para que te divirtas cantando e aprendendoa.
 

E, por último, sé ti un mago das palabras amables e intenta facer o maior número posible con estas letras.




 
aladin