domingo, 30 de diciembre de 2012

MEDITACIÓN ESPECIAL FIN DE ANO

Din que cando se achega o Fin de Ano, os anxos curiosos sentanse a carón das nubes a escoitar os desexos que chegan dende a Terra. Din que sempre se pide o mesmo: amor, saúde, paz, felicidade... Din que están esperando escoitar algo distinto porque esas cousas non poden vir dende o ceo coma un regalo...


Acompáñasme nesta felicitación especial de ANINOVO?

viernes, 21 de diciembre de 2012

LATUCADA POLA PAZ

E se fose posible empezar por aquí? 

Se fosemos capaces de cambiar as armas polas latas, ou por globos, ou por calquera outro xesto...


Para cambiar o mundo debemos empezar por pequenos xestos, próximos e reais, solidarios e comprometidos. Moitos xestos xuntos poden cambiar algo.

No cole, para conmemorar o día da paz, o 30 de Xaneiro ÍMOS DAR A LATA.

Para poder participar nesta actividade tedes que coller unha lata, protexer a zona por onde se abre, pedirlle a un adulto que faga dous buratos (un a cada lado da lata) e colocar un cordel para colgala no pescozo.


Á volta das vacacións de Nadal traede a vosa lata preparada deste xeito pois esto é só a primeira parte do proceso. Debedes levala a vosa aula co voso tutor. Aquí, na nosa aula de Relixión, teremos moitas actividades e sorpresas relacionadas con esta proposta. 

Preparádevos para dar a lata!! 


Deixemos que os nen@s de a lata pola paz!!




miércoles, 19 de diciembre de 2012

CONTO DE NADAL NA HORA DE LER: "CASCARUJA"

A bruxa Cascaruja é unha bruxa especial, encántalle o Nadal!!! Por iso esperta as envexas de Papanduja, outra malvada bruxa, fea e malísima que fará todo o posible por acabar con Cascaruja e tamén co Nadal. 

Esto é o que acontece no conto de Dolores Espinosa, ilustrado polos alumn@s de 2º A, ao que pon voz Maitena e Adrián de 4ºB e que percorre o noso cole na hora de ler. Disfruta en vivo e en directo dunha destas sesións.


E se queres divertirte un pouco máis podes facer este puzzle coa imaxe da Bruxa Cascaruja.

domingo, 16 de diciembre de 2012

A ÁRBORE DE NADAL

Ao lado do noso belén temos unha árbore de Nadal moi especial. Os seus adornos son palabras amables, palabras que non cunstan moito decir e que, en cambio, arrancan moitos sorrisos. 

E para facevos sorrir, darvos as grazas polo esforzo durante o primeiro trimestre e felicitarvos o Nadal, preséntovos este fermoso conto  sobre a orixe do costume de colocar na casa unha árbore de Nadal. Lede ben porque ao final hai unha grata sorpresa do grupo 5ºA. A que non vos resistiredes sen mirar

 


Agora neste xogo poderás atopar moitas palabras, coma na nosa árbore, relacionadas con Nadal. Preme na imaxe e sorte!
E, neste outro, aprenderás, moito máis, sobre esta festa tan importante.

jueves, 13 de diciembre de 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN

Esta é a historia dunha colaboración entre os alumn@s de 2º B e os alumn@s de 4º A. 2º B ilustrou o conto de DOLORES ESPINOSA e 4º A puxo as voces. Deste xeito na hora de ler un gran libro máxico, coa historia do dragón Agamenón, vai voando polo colexio ata aterrar nunha aula. 

De momento 3º B, aula de Infantil 4 anos A, 4º C e 1º A foron os afortunados. Pero para o resto aquí  podedes disfrutar deste conto onde un dragón que odia as festas, especialmente o Nadal, acaba envolto nunha maxia especial que ata vós chegará.

domingo, 9 de diciembre de 2012

BUSCA A MÚSICA NAS ESTRELAS

Para profundizar no sentido do Nadal o Mago e a Maga da luz presentan este poster dixital cun grupo de sete estrelas. Cada estrela ten unha reflexión e unha actividade musical. Se premes en cada unha verás a onde te levará...

 

jueves, 6 de diciembre de 2012

UN BELÉN MÁXICO

Este ano, no noso cole,  Xesús decidiu nacer na casa do MAGO DA LUZ, no poboado FANTASÍA ANIMADA.  Habitado por Magos e Magas que nos axudan a facer deste mundo un lugar mellor, este poboado ten casas como a do MAGO DO AMOR, DA VIDA, DA ILUSIÓN, DA SABEDORÍA, DA DOZURA, DA IMAXINACIÓN, DA ALEGRÍA, DAS PALABRAS AMABLES... 

A primeira ensinanza destes magos é a de que todos os días debemos de facer o Nadal, porque cando todos nos queremos, vivimos en paz, compartimos, repartimos apertas, sorrisos, cando facemos ben as cousas, decimos a verdade, cando non nos enfadamos, cando xogamos xuntos, sabemos perdoar, axudamos... FACEMOS O NADAL!!!!

Os alumnos de 4º de primaria crearon o escenario e os de sexto de primaria as figuras. Un traballo en conxunto que deu como resultado un belén máxico. 


Queres acompañarme e disfrutar del?


sábado, 1 de diciembre de 2012

UN NADAL MODERNO

Temos no cole un poboado máxico, FANTASÍA ANIMADA, e que pronto vos presentaremos nun fermoso video, no que viven uns magos e magas especiais... Tan, tan especiais que son capaces de mostrarnos a ecografía que lle fixeron a María cando esperaba ao seu fillo Xesús. Que vos parece?
Pero, e se vos quixeran ensinar como sería a historia do nacemento de Xesús na actualidade

Mirade ben o que aquí vos traen porque seguro que máis dun sorriso asomará a vosa boca...  
 E, por suposto, non podían rematar coa sua exposición de maxia se non vos deixaran un puzzle máxico
(Premendo na rosca da esquerda podedes desordenar o puzzle)
 
aladin