lunes, 9 de enero de 2012

A CAIXA DAS APERTAS

Benvid@s de novo ao cole! 

Neste trimestre seguiremos aprendendo sobre o AMOR INCONDICIONAL (AVALÓN) e farémolo cunhas caixas especiais (ver entrada anterior), que deberemos de encher con sentimentos, e que xa temos na aula.









A primeira que debemos de abrir e traballar é a das APERTAS. Sabedes que unha aperta é AMOR e ALEGRÍA? Que escorrenta a soedade, fortalece a autoestima, que calma os medos?  Que é ecolóxica, que non custa nada, que cura enfermidades, que é unha arte e... o que é o máis importante QUE EVITA A GUERRA?

Se non me credes, mirade este video para comprobalo.  Pero, antes, lembrade sempre que son necesarias 4 apertas para sobrevivir, 8 para manterse en pé e 12 para medrar
Image and video hosting by TinyPicAsí que... como diría WILLIAM SHAKESPEARE: *ABRAZAR OU NON ABRAZAR, ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?
*(SE PREMES NA FRASE DE SHAKESPEARE IRÁS A UNHA MEDITACIÓN ESPECIAL)
 
aladin