jueves, 2 de febrero de 2012

A CANDELORIA, CAMPAÍÑA DAS NEVES, BRANCANEVES E A CURTA DE MATAPITOS.COM

Mirade rapaces que ramo de flores máis fermosas recollín! Son as primeiras CAMPAÍÑAS DAS NEVES e o 2 de febreiro convertense no símbolo da esperanza. Din que cando Adan e Eva foron expulsados do XARDÍN DO EDÉN, e no momento que estaban a punto de perder a esperanza de que o frío inverno non tería fin, apareceu un anxo que transformou os copos de neve en flores de campaíña do inverno e veu a primavera. Dende entón, o primeiro SNOWDOW(campaíña das neves) levanta a cabeza o día da CANDELORIA (2 de febreiro).

Sabías que o nome desta flor é o dun conto dos IRMÁNS GRIMM (do que se celebra este ano o seu Bicentenario)"BRANCANEVES E OS SETE ANANOS"? E que os irmáns GRIMM inspiráronse nun relato de SHAKESPEARE titulado AS YOU LIKE IT? COMO GUSTEIS?


Hai moitas versións deste conto e este ano, saldrán en carteleira dúas películas "MIRROR, MIRROR"

E "BRANCANEVES E A LENDA DO CAZADOR"

Pero, neste día tan especial, quero presentarvos esta versión titulada: UNHA BRUXA EN INTERNET do libro de GLORIA SÁNCHEZ "MATAPITOS. COM" e de Editorial Xerais. Unha curta na que os actores principais son os alumnos de 6º B.Quen será a bruxa mala? E o espello? E a vítima, e os ananos...?


Ídesvos a partir de risa!





Temos o orguio de que esta curta apareza no blog de Editorial Xerais-Grupo Anaya. Dende aquí o noso agradecemento polo trato dado e polo permiso para levar a cabo este traballo.
 
aladin