lunes, 13 de febrero de 2012

LOVE SPOON

Ola amoriñ@s! Xa sabedes que o 14 de Febreiro é o día do AMOR e da AMIZADE e no noso cole queremos celebralo dunha maneira especial: coas LOVE SPOON.

Ah, xa! Que non sabedes o que son! Pois as LOVE SPOON son unhas culleres de madeira coas que os namorados de Gales, Inglaterra, no século XVII, agasallaban as súas amadas. Como non tiñan moitos cartos collían un trozo de madeira e tallaban fermosas culleres. Se as rapazas os aceptaban podían casar con elas.

Fixéronse tan famosas que a xente comezou a regalalas polo día da amizade, bautizos, cumpreanos... 

No noso cole decidimos que este sería o noso agasallo para to@s neste día. Como non sabemos tallar transformamos unha culler de madeira nun personaxe cunha mensaxe especial, elaborando unha POESÍA VISUAL.

Así foi como nos puxemos a traballar en equipo, compartindo culleres,  ideando personaxes... TODO UN MUNDO DE CREATIVIDADE!


Foron tres semanas de duro esforzo ata que por fin rematamos. Sabes cantas figuras fixemos? 55 "LOVE SPOON"que están a adornar as paredes do noso colexio. 

E finalmente, este é o fermoso resultado.
(Grazas a tod@s os meus alumn@s, dende segundo ata sexto de primaria, pola súa creatividade, ilusión, compromiso.. Sen eles esto non  sería posible. Quérovos!)

 
aladin