viernes, 21 de septiembre de 2012

CHO KU REI, UN SÍMBOLO SAGRADO (reiki para nen@s)


Neste inicio de curso  os rapaces maiores fixeron a meditación do "Sabio da Montaña" (ver entrada anterior) e recibiron un regalo especial: o símbolo máxico coas palabras esquecidas para conseguir a felicidade e ser MAGOS DO AMOR.

Canta enerxía traballamos na aula!!!


Os alumn@s de primeiro ciclo tiveron unha meditación distinta: un anxiño veu de visita, e mentras lles cantaba unha canción regaloulles o mesmo símbolo. Queredes escoitala? 

O Símbolo sagrado chámase CHO KU REI e significa "DEUS ESTÁ AQUÍ". 

Mirade neste vídeo que experiencia tan marabillosa!!



Como vedes as mans son moi importantes. Cando realizamos o símbolo do CHO KU REI, estamos a facer algo parecido á maxia xa que sentimos a enerxia a través delas.

As mans son un sinal de identidade do ser humano e, despois da cara, é a parte do corpo que máis empregamos na vida diaria. As mans tamén demostran o estado de ánimo dunha persoa.

Acabamos de despertalas para algo moi importante, empregalas no benestar emocional, físico e espiritual.  Como vedes PODEMOS TER O MUNDO NAS NOSAS MANS!!! Seguimos practicando cunha sesión de Ioga?



Ioga Coas Mans
 
aladin