lunes, 5 de noviembre de 2012

O MAGO DAS PALABRAS AMABLES


O teatro de sombras é un recurso máxico para contar historias, inventalas ou adaptalas. Poñelo en práctica leva consigo un exercicio de lectura, de selección, reelaborar textos, de dicción, de secuencias e orde, ademais dun traballo detallado coas mans.

O resultado sempre é espectacular porque, ante un espazo escuro no que dirixes a túa vista ao foco de luz e do que aparecen personaxes con cousas que contarche, inevitablemente enmudeces.

É, tamén, un instrumento de creatividade, de lectura, de invención de historias, de traballo en equipo, de motivación, de expresión ora, de fomento de relacións persoais e de autoestima.

Esta é a nosa incursión dentro deste estilo de traballo e esperamos que che guste. Trátase da historia dun gran Mago, O MAGO DAS PALABRAS AMABLES


Sabes que as palabras amables son máxicas? Son chaves que abren todas as portas. Sen embargo, as palabras que firen son como portas de ferro pechadas con pesados candados. Todos escollemos diaiamente entre ser chaves ou portas pechadas. Esta é unha decisión da boca. 

Disfruta con nós desta aventura presentada polos alumn@s de 6º A.

Agora, aquí che deixo a canción do conto para que te divirtas cantando e aprendendoa.
 

E, por último, sé ti un mago das palabras amables e intenta facer o maior número posible con estas letras.




 
aladin