jueves, 6 de diciembre de 2012

UN BELÉN MÁXICO

Este ano, no noso cole,  Xesús decidiu nacer na casa do MAGO DA LUZ, no poboado FANTASÍA ANIMADA.  Habitado por Magos e Magas que nos axudan a facer deste mundo un lugar mellor, este poboado ten casas como a do MAGO DO AMOR, DA VIDA, DA ILUSIÓN, DA SABEDORÍA, DA DOZURA, DA IMAXINACIÓN, DA ALEGRÍA, DAS PALABRAS AMABLES... 

A primeira ensinanza destes magos é a de que todos os días debemos de facer o Nadal, porque cando todos nos queremos, vivimos en paz, compartimos, repartimos apertas, sorrisos, cando facemos ben as cousas, decimos a verdade, cando non nos enfadamos, cando xogamos xuntos, sabemos perdoar, axudamos... FACEMOS O NADAL!!!!

Os alumnos de 4º de primaria crearon o escenario e os de sexto de primaria as figuras. Un traballo en conxunto que deu como resultado un belén máxico. 


Queres acompañarme e disfrutar del?


 
aladin