lunes, 16 de diciembre de 2013

TEATRO NA BIBLIOTECA "IMOS NENOS A BELÉN"

Vaia actuación tan estupenda a dos alumn@s de 6º A
na biblioteca! 

A verdade é que arrancaron moitos sorrisos coa obra "Imos nenos a Belén". 

Mirade atentamente o vídeo para comprobalo.





E agora, apetéceche cantar comigo a canción da obra coa mensaxe especial de Nadal?

miércoles, 11 de diciembre de 2013

UN XORNAL ESPECIAL NADAL!

No enigma do mes de Decembro de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos) xogamos a ser xornalistas e, cada ciclo, tiña a súa proposta.

 EDUCACIÓN INFANTIL



1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO




Cos vosos traballamos elaboramos o primeiro xornal da biblioteca do que repartimos exemplares gratuítos, pero só hai que cumprir unha condición para levalos: ser bos correctores e atopar todas as erratas!  Quen será o primeiro que dé con elas? Vou portarme ben e deixarvos aquí unhas pistiñas...


Por certo, parabéns aos redactores gañadores de 2º A, 2º B, 3º A, 6º B e Infantil 5 anos!

domingo, 8 de diciembre de 2013

DESCUBRE O TESOURO DO NADAL!

Este ano o noso Belén é reivindicativo e adaptase aos nosos tempos: nun Belén moderno María e Xosé son desahuciados polo banco e acaban pasando a noite no parque. Alí, no mirador, o neno Xesús é protexido polos paxaros que lle fan un niño para que non pase frío. Os pastores, modernizados como rapeiros, procedentes de Emaús ocupan o pobo para axudar ao neno. Os reis magos, simbolizando a solidariedade, veñen raudos nos seus coches coa axuda necesaria.

Protagonizan o Belén os alumnos de 6º de Primaria coa colaboración especial de Oscar, de 5 anos A (Anxo) e de Fabio, de 2º A (o neno Xesús).



E para seguir traballando o  Nadal, que é un gran tesouro da nosa tradición, esta semana traballaremos unhas divertidas dinámicas!

domingo, 1 de diciembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 5 : TI ES O MAIOR TESOURO


Todos temos un tesouro moi valioso e é un mesmo. Estamos a aprender a querenos moito e a coidarnos, a descubrir o noso corpo, a fortalecelo, a expresarnos con él artísticamente, corporalmente... Que divertida a actividade que levamos a cabo cos pés na que os puxemos a expresarse por que,  sabedes? Os pés tamén falan! Só necesitamos pararnos a escoitalos.


O noso corpo está desexando comunicarse e, sobre todo, gústalle escoitar cousas fermosas, palabras amables... Mirade atentamente este vídeo porque imos facer o mesmo que o protagonista diante dun espello. Prepáradevos a darlle ao voso corpo o valor que ten, a darvos o que vos merecedes porque sodes moi importantes. Lembrade que só queréndose a un mesmo podemos dar amor aos demáis.



E, agora visionemos o resultado da coreografía da canción "Te amo" de Israel Houghton na que se celebra o amor a Deus) e na que traballamos a expresión corporal. Mencía e Aroa de 3º A son as protagonistas, xunto con grupo de 2º B, 3º B, 5º A e 4º B.


domingo, 24 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 4 (IOGA PARA NEN@S E UN XOGO DE PÉS)

Con todas as actividades que realizamos sobre creatividade estamos aprendendo que é a nosa responsabilidade coidar o noso corpo, a nosa pertenza máis valiosa e fonte do noso benestar emocional, co ioga conseguímolo.

Pero seguro que te estar a preguntar "que é o Ioga?". O ioga existía miles de anos antes de que os humanos comezasen a contar. Ioga significa unión, unión de que ou con que?... Unión de ti mesmo con todas as cousas do Universo! E como podes unirte co
marabilloso Universo que nos rodea? Pois transformándote no que queiras cada vez que o necesites. Se o fas, aprenderás as calidades que teñen non só os animais, as plantas, o sol, a lúa... senon tamén os obxectos, as formas, as cores... Potenciarás a túa creatividade empregando a túa imaxinación para xogar a ser o que queiras, pero sempre sen deixar de ser ti mesmo. Hai moitas cousas que podes ser:a máis importante é ser ti mesmo.

Isto é moi importante e debes telo sempre presente. Poderás elevarte como unha montaña, deslizarte como un crocodilo, flotar como unha nube, ruxir como un león... Todo se move coa mesma enerxía que ti te moves... Canto máis aprendas sobre o mundo que te rodea, máis te coñecerás a ti mesmo.




O primeiro que aprendemos na AULA DE COMPETENCIA EMOCIONAL (onde dentro do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO e en DIVERTIPATIO temos iniciación ao ioga) é a importancia dos pés, ese grandes esquecidos! E aquí, na aula, apoiamos ese aprendizaxe coa actividade QUE DIRÍAN OS NOSOS PÉS?
Consiste en escribir na pegada do pé algo que se te ocurra que podería decir.

Empezo eu, OS MEUS PÉS DIRÍAN: SÍGUELE!


jueves, 21 de noviembre de 2013

UN GRAN LIBRO CHEO DE CREATIVIDADE

Este estupendo libro está a agardar na nosa biblioteca por ti! Son as historias de Doña Castaña Pilonga resultantes do enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos) do mes de
novembro. Unha recopilación dos relatos gañadores e doutros relatos cheos de imaxinación. Nin te imaxinas as aventuras que viviu a nosa Castaña Pilonga! 




sábado, 16 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 3 (UN XOGO E UN CONCURSO MOI DIVERTIDO)

"O que conduce e move o mundo non son as máquinas senon as ideas" Victor Hugo, escritor francés.

Estamos axudando ao Bibliorrato neste exercicio de creatividade que se  puxo en práctica na escola publicitaria Panamericana School of Art an Desing.

Consiste en crear a maior cantidade de figuras partindo dun par de círculos ou dende unha "X". 

Este é o gran panel que temos nunha parede e onde imos colocando as nosas ideas.


E tamén colaboramos neste concurso tan creativo "Debuxa o teu cole cos Bolechas". Que debuxaremos? A nosa aula? O recreo? Un cole verde, bermello ou de cores? Estou desexando ver as ideas dos participantes!






domingo, 10 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 2 (UNHA PROPOSTA MUSICAL)

Para transformar o mundo que nos rodea é necesario empregar a creatividade, ese gran tesouro onde a imaxinación é a xoia principal. 

Para axudarnos a ser máis creativos podemos empregar A MÚSICA que,  é como o Amor, penetra na alma das persoas aportando felicidade. E se a isto lle engadimos a EXPRESIÓN CORPORAL, que fomenta tamén a creatividade, a imaxinación e a comunicación... pensade canta enerxía positiva xeraremos ao noso arredor!

Con esta explicación entederedes o por que desta proposta:


  •  Imos facer, entre tod@s, unha coreografía da canción "TE AMO" de ISRAEL HOUGHTON co rapeiro T-BONE (na que se celebra o amor a Deus) Dividirémola por grupos e cada un dará a súa visión. O vídeo resultante con este gran tesouro será o noso agasallo polo Nadal!


martes, 5 de noviembre de 2013

DINÁMICAS COAS CASTAÑAS


Este Venres celebrámolo Magosto e na aula de Competencia Emocional (onde gravamos os nosos vídeos, facemos distintas clases de dinámicas, xogos... e pronto, moi pronto, dentro do Proxecto Deportivo de Centro e da actividade "Divertipatio", clases de iniciación ao Ioga) xogamos a Dinámica "TRAS A PISTA DA CASTAÑA".

Se premes en Dona Castaña Pilonga poderás acceder ás distintas probas.
Esta castaña é a protagonista do enigma do mes de novembro de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Serás capaz de axudala?


lunes, 28 de octubre de 2013

MONSTRUARIO

Vaia colección de monstros bos que temos no cole para celebrar Samaín! Monstros que reparten apertas, bicos, comida, cartos, que limpan, que arranxan libros, que axudan a ser felices, que coidan do planeta terra, que axudan a facer os deberes, que intentan que os montes non ardan, que coidan dos océanos, que axudan a conseguir os retos, que fortalecen amizades...

Este é o noso MONSTRUARIO, un tesouro da creatividade! 


E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s. 


viernes, 25 de octubre de 2013

O HOME DO SACO!

Temos no cole un "HOME DO SACO" que é bo. No seu saco colecciona momentos bonitos da vida das persoas, desexos, soños...  Eses tesouros que todos temos agochados no noso corazón!

Entre tod@s contribuímos a encher o seu saco. Que ilusión!

Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!

Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!

Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!

Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.

Primeiro e infantil encheu o saco de sorpresas e a máis grande veu dende a biblioteca: unha rede de palabras ditas con tenrura que fixemos para o conto "O Xigante do Pantano" .

A verdade é que o saco quedou cheíño. Queredes botarlle unha ollada?

miércoles, 23 de octubre de 2013

O MONSTRO MÁIS MONSTRUOSO DO MUNDO

Por fin damos o resultado da proba de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos), do mes do outubro, no que tiñamos que adiviñar que monstro era o culpable de deixar todo emporcallado. 

Efectivamente PETROLEX é o que disfruta máis contaminando o planeta pero,  cada vez que tiras algo ao chan, deixas luces acendidas, non reciclas... estás axudando a que se faga máis forte.

Moitos dixeron dende o primeiro momento que era PETROLEX pero como bos investigadores había que explicar o por que.  Estes son os gañadores: 

LEMBRA que todos os nosos actos contra a Terra axudan a medrar ao monstro PETROLEX. E a nós que nos gustan tanto os contos, imaxinas que pasaría se Cinsenta vivise un mundo afectado polo cambo climático por culpa deste monstro? Cabazas achaparradas, castelos que se derriten e fadas madriñas sorprendidas por furacáns en leno voo son os protagonistas do curto de animación "Unha princesa en apuros".

martes, 15 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O XIGANTE DO PANTANO"

Este luns a nosa biblioteca abriu as súas portas  e, para celebralo, tivemos unhas sesións de contacontos nas que  dúas nais foron as encargadas de poñer voz. O conto elexido foi "O Xigante do Pantano" de OQO. Un conto que fala da intolerancia, dos medos...

Aquí tedes algunhas das mellores fotos do momento.


E, agora, chegou o momento de analizar o conto e traballalo na aula.


sábado, 12 de octubre de 2013

ARTE CON CHAPAS (RANGOLIS)

Cando alá por finais de xullo lancei a mensaxe de que necesitabamos chapas para unha ideiña non as tiña todas comigo. Xuntariamos as chapas suficientes? E despois? Seriamos capaces de levar a cabo a proposta de facer rangolis? Como sempre, o traballo en equipo, uns achegando chapas, outros coloreando e finalmente os alumn@s de 6º elaborando os seus propios rangolis, deu un excelente resultado plasmado na entrada da nosa biblioteca.

Pero... QUE É UN RANGOLI?

Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos. O país de orixe é a India e provén da mitoloxía hindú. Aquí che deixo dúas fermosas lendas que explican a súa orixe e o por que esta arte é das mulleres.


E se tes curiosidade e queres ver con que facilidade realizan estes deseños podes visionar este video:


Durante anos, as vivendas foron adornadas con estes debuxos como complemento ao rezo de oracións polo benestar das familias e para a protección da casa ante posibles desgracias. Tamén se realizan na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda.

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros.



CONTADORASONOS's  album on Photobucket

domingo, 6 de octubre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 1 (EXERCICIOS DE XIMNASIA CEREBRAL)

A creatividade é como unha caixa de sorpresas, nunca sabes o que te vas encontrar! É coma un tesouro máxico onde podes descubrir as cousas máis extraordinarias... "A creatividade é inventar, experimentar, medrar, correr riscos, romper as normas, cometer erros e divertirse" (Mary  Lou Cook).

Para alguén con creatividade o imposible non é máis que aquilo que aínda non inventou


Para perder o noso medo a non ser creativos, e axudar ao desenvolvemento da nosa imaxinación, imos facer uns exercicios.

1) Que che suxire esta música? Escoitamos cos ollos pechados e nun ambiente relaxado.


Ao rematar representa as túas ideas nun debuxo, con palabras...

2) Elabora unha lista de parecidos entre unha estufa e un gato

3) Que pasaría se todas as persoas tivesen telepatía e puidesen saber o que pensan os demáis?


Agora imos facer uns exercicios de ximnasia cerebral

viernes, 4 de octubre de 2013

O TESOURO DA CREACIÓN, ENIGMA NA BIBLIOTECA

Como me gusta o enigma que o noso amigo o Bibliorrato nos propón dende a Biblioteca e ende ADISCO! (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos).

Un traballo especial para nós, a "XENTE CE"! Ce de coidadores do planeta terra, de coidadores da Creación!

Debemos resolver o "ENIGMA DO ENSUCIADOR MISTERIOSO", quen é o monstro malísimo culpable de que o noso planeta, a Terra, este contaminado?

Esta é a carta na que se explica esta actividade coas pistas para poder investigar.

E estas as fichas cos sospeitosos...




Cal deles pensades que é?

martes, 24 de septiembre de 2013

SOMOS CE DE CAZATESOUROS! A NOSA CANCIÓN, O NOSO MAPA DO TESOURO

Que estupendo é ser XENTE CE! Hoxe imos centrarnos na C de CAZATESOUROS. 

Buscar tesouros require esforzo pero é unha aventura magnífica. Xa o primeiro día de curso o meu amigo o Bibliorrato ensinounos a canción dos Cazatesouros da biblioteca...





Pero, agora,  que tal se aprendemos o himno dos Cazatesouros da Xente Ce?



 O NOSO MAPA DO TESOURO

Xa temos canción pero non hai cazatesouros que se prece que non teña un mapa do tesouro. E ti, tes o teu? Que non? Pois hai que remedialo. Imos facer o noso mapa do tesouro. Segue as instruccións verás que é doado.
O teu mapa do tesouro con Reiki.  Fai unha lista dos desexos e propósitos por categorías. Para cada categoría busca en revistas por imáxes e palabras que reflexen os teus desexos (ou ben debuxaas). Comeza polo nome, represéntate a ti  mesm@ na colaxe cunha foto ou debuxándote; represéntate facendo, sendo ou tendo o que che propuxeches como meta (traballando en certo sitio, viaxando polo mundo, con boa saúde, sacando boas notas...) Representa a situación o máis real posible e en modo positivo, sentindo que xa está a acontecer. Non te preocupe como se vai producir, ti limítate a reproducila con fotos, debuxos e afirmacións; o Universo encargarase de que todo se faga realidade. Escribe afirmacións en positivo como por exemplo: "Aquí estou nun bo traballo, con bo ambiente, " Pásomo fenomenal en Nova York, percorrendo as súas rúas, visitando a estatua da Liberdade, teño un grupo de amigos estupendo que enriquecen a miña vida e cos que me divirto e apóianme incondicionalmente, "Rebordo de saúde, séntome forte e con enerxía"...

Decora o mapa ao teu gusto. Coloca o mapa nunha parede ou recanto especial da túa casa onde poidas botarlle unha ollada de cando en vez para recordarte e facerte máis consciente das túas metas; non tes que facer nada máis. Ao igual que un arquitecto debuxa nun plano o edificio que vai materializar, o teu mapa do tesouro é un paso firme para a consecución dos teus sonos. 

lunes, 9 de septiembre de 2013

UNHA BENVIDA CO CE

Benvid@s a un novo curso no que nos agardan moitísimas aventuras e sorpresas! 
A primeira preséntoa hoxe: SOMOS XENTE CE! 

Como! Que non se entende? Pero se está moi claro! C de CANTAR, CRECER, COMPARTIR, CORAZÓN MÁXICO, COMPROMETERSE, CURAR, COLABORAR, CRER, CELEBRAR, COMPARTIR, CONVERSAR, COOPERAR, CURAR, CREAR e.... CAZATESOUROS!

Mirade que mural tan chulo temos na nosa aula!



E agora aquí temos moi ben explicadiño o noso slogan.
 
Despois de tantas pistas do que imos traballar chegou o momento de que aprendamos todos xuntos  a canción da XENTE CE (GENTE CE)!

jueves, 20 de junio de 2013

DESPEDIDA DO CURSO, MEMORIA DE ACTIVIDADES E O LARETEIRO DO XALLAS

Vaia últimos días de curso! Na aula xogamos ao parchis, aprendemos que é orixinario da India e a lenda coa súa orixe... Os alumn@s de 1º e 2º ciclo levaron de agasallo un CD coas mellores cancións do curso de Contadora de Soños... 

Na biblioteca a maxia da vida fíxose realidade e naceron os pitiños despois de coidar os ovos na incubadora dende o 29 de maio... Tivemos contacontos no ximnasio... Xogos populares e actuacións....

Ata fumos ao multiusos para ver a obra de teatro que prepararon os alumn@s de 4º de primaria titulada "O Restaurante Farruco"! 

Pero todo acaba e esta aventura rematou, déixovos as MEMORIAS VIRTUAIS do curso para que lembredes os mellores momentos....




As memorias ben detalladas....




E a revista do colexio O LARETEIRO DO XALLAS


Ata o curso que ven! Feliz verán e felices vacacións a tod@s!

viernes, 7 de junio de 2013

ANIMAIS MARABILLOSOS

Os pais do protagonista da película "A vida de Pi" tiñan un zoo na India, polo tanto os animais son parte moi importante da súa vida. Cando deciden poñer rumbo da India a Canadá e o seu barco naufraga os animais seguen a ser imprescindibles no relato. Unha hiena, unha cebra, un orangután, un tigre son os compañeiros de naufraxio e de vida de Pi ademáis de todos os animais marinos, delfíns, baleas, medusas, peixes voadores, atúns... ata os centos de suricatas que o acollen na illa misteriosa!

Desta volta imos a disfrutar do marabilloso mundo dos animais e a aprender moito con eles. Nesta colección de Symballo tes na primeira fila a historia en video dos animais principais da película e na fila última xogos para aprender moito máis.


sábado, 1 de junio de 2013

MOMENTOS MÁXICOS, MOMENTOS SIGNIFICATIVOS

Cantos momentos vivimos na vida máxicos e especiais! Momentos significativos que aportan ensinanzas  e axudan a configurar o noso proxecto de vida!

Debes ver a  vida como unha gran aventura, e non ter medo porque...


Aquí temos seis historias, seis momentos especiais vividos por José Benigno e Pablo (4º B), Aroa (2º B), Alba (2º B), Uxia e Jennifer (2º B), Daniela e Fátima (2º B) e os alumn@s de 6º de primaria na súa excursión, que queren compartir con tod@s. 



E ti, anímaste a compartir un cachiño da túa vida con nós?

sábado, 25 de mayo de 2013

ESPECIAL DÍA SOMOS E UN INVENTO DIVERTIDO

Este 24 de maio no cole unímonos ao DÍA SOMOS, onde varias ONGs nos invitan a sair a rúa cunha prenda do revés e demostrar que, entre todos,  podemos cambiar o mundo.

Canta enerxía positiva mandamos e que ben o pasamos! Queredes velo?



E agora, lembrades o concurso INVENTAR É DIVERTIDO convocado polo MIBA e que nós andivemos a traballar? Arrincar sorrisos e facer feliz á xente cun invento.

Os gañadores presentan este fermoso invento: hai música que te fai chorar... pero tamén che fai sorrir. Pensades que podemos facer soar un instrumento cando sorrimos? Co noso é posible! O SONRISITAS é un conxunto de campás tubulares que son percutidas cando unha cámara detecta o sorriso dos intérpretes.

Pensades que pode funcionar? Miradeo! 


Parabéns aos gañadores por este fermoso traballo!

sábado, 18 de mayo de 2013

ALMORZOS E MERENDAS VEXETARIANAS E UNHA HISTORIA DE VACAS

Tal como vimos na película "A vida de Pi" os hindúes ven a espiritualidade en todos os seres vivos e, por iso, non soen comer animais. Pero a fame as veces cambia o que un cree saber de si mesmo e a obriga de subsistir leva a transgredir as normas como lle ocurreu a Pi.


 

Tamén teñen escritos que explican esta crenza..








Por tanto os hindues son vexetarianos na súa maioria xa que, dependendo das castas e as rexións, algúns comen polo, pescado ou mariscos. Os vexetarianos poden comer alimentos vexetais e derivados dos animais.  Para aprender e comprender  ben esta opción de alimentación,  celebramos almorzos e merendas vexetarianas nas que os rapaces aportaron alimentos, froitas, pan, cereais, chocolate, tortilla, leite, cacao, galletas, patacas, froitos secos... e compartiron todo entre eles.

Todo esto é para que entendades o motivo de que na India haxa animais aos que consideran sagrados como a VACA. Este animal é o máis querido do Deus Krishna, é considerado a nai de todos a "Nai Surabhi". Da vaca obtense leite, leite callado (cuajada),  mantequilla (ghee para cociñar), orina e estércol, cinco productos importantísimos para eles. Consideran que é a súa garda e son empregadas para labrar o campo. O nome verdadeiro da vaca é "aghnaya" que significa "non debe ser matado".

Pero... que vos parece se aprendedes moito máis premendo en cada vaquiña deste poster dixital? 



sábado, 11 de mayo de 2013

UNHA BODA MÁXICA

Sabes que na India a palabra rá significa "nube"? E que personifican a tormenta? As rás sinten a chuvia e entón cantan (croan). Pero... sabes que é o macho o único que croa? E que o fai para atraer as femias? O que pasa é que se hai dous machos cerca no poden cantar á vez, teñen que alternarse para que a femia os diferencie. 

Pero... por que che estou a falar de rás? Pois porque estamos a traballar o hinduismo e nesta relixión cren que casar as rás agrada ao Deus Indra (Rei dos Ceos que manda nas tormentas e nas chuvias) e, desta maneira, as chuvias dos monzóns chegarán axeitadamente.

Así que os alumn@s de 2º A e B de primaria, despois de elaborar unha manualidade, decidiron celebrar unha boda de rás á que invitaron aos alumnos de Educación Infantil cos que colaboraron na elaboración dun mural dunha magnífica charca de rás. 



Despois de prometerse mutuo amor e de compartir toda a vida os insectos, gusanos, arañas, cempés e peixes pequenos que atoparan bendecimos a unión cun magnífico baile.

E claro, non podía ser doutra maneira, acabamos cun festín no que os invitados levaron un conto de rás de agasallo e unha canción para bailar.

Mirade, mirade que ben o pasamos! 

E agora para aprender moito máis aquí vos queda a historia do Deus Indra nun libro para colorear 
 
aladin