jueves, 31 de enero de 2013

LATUCADA POLA PAZ (30 DE XANEIRO 2013)


Buff! Só teño unha palabra para describir a nosa latucada pola paz: IMPRESIONANTE!

A pesar da chuvia saímos ao patio cuberto e alí montamos unha boa mandando a nosa enerxía positiva para intentar facer do mundo un lugar mellor!

Presentamos a nosa experiencia de dúas maneiras...

Nunha reportaxe en fotos...



E nun vídeo en vivo e en directo!

martes, 22 de enero de 2013

CANTANDO Á PAZ

Na aula de relixión cantamos moito. Sabedes por que? Pois porque seguimos o lema CO2 (CANTAR É ORAR DÚAS VECES)...












Así que se che gusta cantar, acompáñanos con estas cancións que  presentan os alumn@s de 2º, 4º e 6º de primaria. Ao mesmo tempo podes ler e reflexionar sobre a mensaxe que conteñen de paz.

 Non o dubides! Paz canta xa e segue o ritmo da paz!

martes, 15 de enero de 2013

O RITMO DA PAZ e UN "PAZ RAP"

A paz ten un ritmo especial que estamos a descubrir este mes coas actividades propostas por Dona Lata no gloster da paz.

Soa a imaxinación,a creatividade,  a bos desexos, a enerxía positiva, a milagres, a tolerancia, a amigos, a unión, a colaboración... Pero, que tal se vedes este video e o comprobades por vós mesmos?


Impresionante! verdade? Pois agora preséntovos unha primicia dos alumn@s de 6ºA o RAP DA PAZ, para que siga medrando o seu ritmo e chegue ata o infinito!!!!! 

martes, 8 de enero de 2013

ABRAPALABRA QUE A PAZ SE FAGA! (GLOSTER CON RECURSOS PARA A PAZ) LATAS POLA PAZ 3

Benvid@s de novo! Iniciamos o trimestre cos corredores do cole  cheos de latas decoradas con mensaxes de paz, pertencentes ao proxecto LATAS POLA PAZ para a nosa latucada do 30 de Xaneiro. Unha mostra do que tedes que facer vós coa vosa lata na hora de plástica, é moi doado: decorala empregando a vosa creatividade, escribir e meter dentro unha mensaxe...
 ... Eu.... do grupo.... douche a lata por... (e aquí escribes a túa mensaxe de paz)

Tamén na aula temos unha parella de latas moi especiais: "DONA LATA", leva dentro O FEITIZO DA PAZ, a súa misión é facernos reflexionar, aprender, meditar, disfrutar, traballar... sobre este tema e ser un gran mago da paz e "DON LATÓN", portador de mensaxes de paz ao que lle encanta coleccionalos así que se queres facelo moi feliz, preme na imaxe de abaixo,  e déixalle o teu.



Agora só tes que decir as palabras máxicas "ABRAPALABRA QUE A PAZ SE FAGA" e verás o que pasa... (Preme en cada pomba do gloster)ollo! este feitizo non se abrirá a persoa rancorosa ou guerreira!)

martes, 1 de enero de 2013

PaZalo!!! LATAS POLA PAZ, CANCIÓN

Ola! Feliz 2013!! Lembrade que nestes días de descanso tedes unha misión importante: PREPARAR A VOSA LATA para a LATUCADA POLA PAZ do día 30 de xaneiro, tal como vos expliquei eu e o meu amigo o bibliorrato.

Eu xa estou a preparar a miña cunha decoración chulísima... Pero vós esto o faredes na aula, na clase de plástica co voso profesor á volta das vacacións. Así que xa vedes o importante que é que vos acordedes de traela!

De momento déixovos a canción que nos vai  acompañar neste proxecto. Seguro que a aprendedes nun plis!!! 
 


PAZreflexión...
Está claro que… . 
Non podemos eliminar os tanques, os fusís nin as metralletas.  Non podemos evitar que aos nenos lles regalen xoguetes bélicos. Non podemos prohibir que nas casas dalgúns amigos haxa pistolas de xoguete. Non podemos evitar que algúns pais traten os seus fillos con violencia. Non podemos eliminar todos os paus e pedras do campo.  Non podemos evitar que algúns nenos dean puntadas aos compañeiros por debaixo da mesa. Non podemos evitar que vendan videoxogos violentos. Non podemos evitar que moitos nenos vivan a guerra e estean ao outro lado da paz. 

Pero nós podemos…
Pero nós podemos non imitar a forma dunha pistola cos dedos. Pero nós podemos tirar todos os xoguetes bélicos que nos regalasen. Pero nós podemos dicirlles aos amigos que non nos gusta xogar con xoguetes bélicos. Pero nós podemos denunciar os casos, que coñezamos, de violencia no fogar. Pero nós podemos sacar de casa todos os xoguetes de guerra.  Pero nós podemos xogar con todos os nosos compañeiros e non insultalos nin pegalos.  Pero nós podemos elixir videoxogos divertidos e non violentos.  Pero nós podemos rexeitar calquera tipo de violencia.

 
aladin