martes, 8 de enero de 2013

ABRAPALABRA QUE A PAZ SE FAGA! (GLOSTER CON RECURSOS PARA A PAZ) LATAS POLA PAZ 3

Benvid@s de novo! Iniciamos o trimestre cos corredores do cole  cheos de latas decoradas con mensaxes de paz, pertencentes ao proxecto LATAS POLA PAZ para a nosa latucada do 30 de Xaneiro. Unha mostra do que tedes que facer vós coa vosa lata na hora de plástica, é moi doado: decorala empregando a vosa creatividade, escribir e meter dentro unha mensaxe...
 ... Eu.... do grupo.... douche a lata por... (e aquí escribes a túa mensaxe de paz)

Tamén na aula temos unha parella de latas moi especiais: "DONA LATA", leva dentro O FEITIZO DA PAZ, a súa misión é facernos reflexionar, aprender, meditar, disfrutar, traballar... sobre este tema e ser un gran mago da paz e "DON LATÓN", portador de mensaxes de paz ao que lle encanta coleccionalos así que se queres facelo moi feliz, preme na imaxe de abaixo,  e déixalle o teu.



Agora só tes que decir as palabras máxicas "ABRAPALABRA QUE A PAZ SE FAGA" e verás o que pasa... (Preme en cada pomba do gloster)ollo! este feitizo non se abrirá a persoa rancorosa ou guerreira!)

No hay comentarios:

 
aladin