martes, 1 de enero de 2013

PaZalo!!! LATAS POLA PAZ, CANCIÓN

Ola! Feliz 2013!! Lembrade que nestes días de descanso tedes unha misión importante: PREPARAR A VOSA LATA para a LATUCADA POLA PAZ do día 30 de xaneiro, tal como vos expliquei eu e o meu amigo o bibliorrato.

Eu xa estou a preparar a miña cunha decoración chulísima... Pero vós esto o faredes na aula, na clase de plástica co voso profesor á volta das vacacións. Así que xa vedes o importante que é que vos acordedes de traela!

De momento déixovos a canción que nos vai  acompañar neste proxecto. Seguro que a aprendedes nun plis!!! 
 


PAZreflexión...
Está claro que… . 
Non podemos eliminar os tanques, os fusís nin as metralletas.  Non podemos evitar que aos nenos lles regalen xoguetes bélicos. Non podemos prohibir que nas casas dalgúns amigos haxa pistolas de xoguete. Non podemos evitar que algúns pais traten os seus fillos con violencia. Non podemos eliminar todos os paus e pedras do campo.  Non podemos evitar que algúns nenos dean puntadas aos compañeiros por debaixo da mesa. Non podemos evitar que vendan videoxogos violentos. Non podemos evitar que moitos nenos vivan a guerra e estean ao outro lado da paz. 

Pero nós podemos…
Pero nós podemos non imitar a forma dunha pistola cos dedos. Pero nós podemos tirar todos os xoguetes bélicos que nos regalasen. Pero nós podemos dicirlles aos amigos que non nos gusta xogar con xoguetes bélicos. Pero nós podemos denunciar os casos, que coñezamos, de violencia no fogar. Pero nós podemos sacar de casa todos os xoguetes de guerra.  Pero nós podemos xogar con todos os nosos compañeiros e non insultalos nin pegalos.  Pero nós podemos elixir videoxogos divertidos e non violentos.  Pero nós podemos rexeitar calquera tipo de violencia.

No hay comentarios:

 
aladin