domingo, 24 de febrero de 2013

¡NADIE ROBA MI FELICIDAD!

Sabes cal é o gran truco da maxia da alma? O gran segredo para levar unha vida que realmente valga a pena ser vivida? COÑECERTE! Se ti  te coñeces ben e te queres moito máis...Ninguén  te fará dubidar nunca de ti mesm@

Aínda que falen mal de tí, te molesten, insulten, te poñan de mal humor... Nunca permitas que esto ROUBE A TÚA FELICIDADE!
  
Preséntoche unha canción na que as persoas cotillas son comparadas con galiñas ou pericos, os que se burlan son hienas, os que lastiman (tanto coas súas palabras como cos feitos) son canguros, os que pasan de nós son comparados con monos e os que nos berran son leóns. 

Canta comigo!
 


Que divertido verdade? Pero... que che parece se agora ensaiamos para non ser un animal dos que aquí aparece e mellorar o noso comportamento cos nós mesmos e os demáis? 

Preme na imaxe e adiante! 


lunes, 18 de febrero de 2013

APRENDENDO A SER FELIZ, O CORAZÓN DA FELICIDADE


E agora, por fin, iniciamos  o xogo titulado "Aprendendo a ser feliz, o Corazón da Felicidade" que nos permitirá practicar Reiki e converternos en aprendices de MAGOS.

Primeiro temos unha introducción explicando o por que deste proxecto e as actividades realizadas previo xogo.

Pero, para chegar ao interior do corazón deberemos pasar por todas as casiñas (en total 25), aprender, xogar... só así lograremos ter todos os ingredientes para ser un MAGO DO AMOR e realizar os nosos conxuros. Como comprenderedes esto vainos levar moitas, moitas sesións, e moito, moito tempo. 


domingo, 10 de febrero de 2013

NAMORADOS... DO FIN DA VIOLENCIA! UN BILLÓN EN PÉ!

O 14 de febreiro celebramos o "San Valentín" o día do "Amor e da Amizade"... pero os mil millóns de mulleres que son violadas e maltratadas en todo o mundo non teñen nada que celebrar. 



 
A ONG V-Day quere poñer a todo o planeta en danza para solidarizarse con elas co lema ONE BILLION RISING!

Na nosa aula imos participar nesta campaña, contribuído  nesta iniciativa tan emotiva, bailando ao ritmo da música country co tema titulado "EU XA NON QUERO DURMIR MÁIS". Unha canción que fala sobre o contaxio emocional (do proxecto ESMUKI "desarrollo do pensamento creativo").

Xogaches algunha vez ao "ti lévala"? O estado de ánimo é como ese xogo, pode ir pasando de persoa a persoa. Parece un pouco máxico, porque cando estamos nun sitio con máis persoas podemos facer que o ambiente cambie, porque influímos uns noutros. Ás veces un enfádase e non se sabe como todas as persoas que están ao seu arredor se senten igual, pero tamén pasa en positivo, cando alguén ri moito ou está moi contento pode facer que as persoas que están preto del se sintan tamén alegres.



viernes, 8 de febrero de 2013

ABRAPALABRA QUE O ENTROIDO SE FAGA!

Vaia día que pasamos hoxe tan estupendo co noso desfile de Entroido. 

Dirixía o desfile a MAGA DO ENTROIDO seguida polos profes Magos de Educación Infantil cos seus coellos, que lles escaparon dos sombreiros. A continuación 1º Ciclo representando aos ANIMAIS DE MAL AGOIRO, 2º Ciclo de Magos e Meigas, 5º de Primaria escenificou o mundo máxico de Camelot, co Rei Arturo, Morgana, Merlín e as fadas e os maiores do cole, 6º de Primaria, deron a lata cos seus graznidos xa que corvos eran e moi resabidos!
h

lunes, 4 de febrero de 2013

ARTE CO SÍMBOLO DA PAZ

Unha das actividades que levamos a cabo na aula con motivo do día da Paz foi coñecer a orixe do símbolo da paz

Logo, intentamos ser creativos co símbolo. Cada un deseñou o seu nun prato de plastico e enchemos unha parede do cole con eles. A que parece un cadro?
 

Nesta presentación podedes admirar mellor unha selección das nosas obras de arte!
 
aladin