domingo, 10 de febrero de 2013

NAMORADOS... DO FIN DA VIOLENCIA! UN BILLÓN EN PÉ!

O 14 de febreiro celebramos o "San Valentín" o día do "Amor e da Amizade"... pero os mil millóns de mulleres que son violadas e maltratadas en todo o mundo non teñen nada que celebrar. 



 
A ONG V-Day quere poñer a todo o planeta en danza para solidarizarse con elas co lema ONE BILLION RISING!

Na nosa aula imos participar nesta campaña, contribuído  nesta iniciativa tan emotiva, bailando ao ritmo da música country co tema titulado "EU XA NON QUERO DURMIR MÁIS". Unha canción que fala sobre o contaxio emocional (do proxecto ESMUKI "desarrollo do pensamento creativo").

Xogaches algunha vez ao "ti lévala"? O estado de ánimo é como ese xogo, pode ir pasando de persoa a persoa. Parece un pouco máxico, porque cando estamos nun sitio con máis persoas podemos facer que o ambiente cambie, porque influímos uns noutros. Ás veces un enfádase e non se sabe como todas as persoas que están ao seu arredor se senten igual, pero tamén pasa en positivo, cando alguén ri moito ou está moi contento pode facer que as persoas que están preto del se sintan tamén alegres.



No hay comentarios:

 
aladin