jueves, 21 de marzo de 2013

INVENTAR É DIVERTIDO


O MIBA (museo de ideas e inventos de Barcelona) convoca o Primeiro Concurso Escolar de Inventos no que a nosa idea faga sorrir e inunde de alegría e felicidade ao Mundo. Este concurso é  para compartir o noso sentido do humor, optimismo e vitalidade e que o invento non deixe indiferente a nadie.

Así que... PARTICIPAMOS! Poñédevos as pilas estas vacacións de Semana Santa porque á volta poñeremos a traballar a noxa imaxinación e creatividade. Xa estou desexando ver o que de aquí sairá!



domingo, 10 de marzo de 2013

DINÁMICAS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS (XOGOS NA ALFOMBRA MÁXICA)

De cando en vez a nosa aula transfórmase e, por arte de MAXIA, aparece unha alfombra máxica na que temos múltiples actividades.

Desta volta preséntovos:


O MUNDO AO REVÉS, ABRACADABRA, A CAIXA MÁXICA e MASAXE MÁXICO, para finalizar cunha sesión de


REIKI.

 

A verdade e que quedamos moi, moi relaxados. 

E se non me creedes mirádeo e comprobádeo!



viernes, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe no cole temos a proxección da película "Brave", unha historia chea de maxia protagonizada por Mérida unha muller valente, tenaz, intelixente, aventureira e loitadora que quixo ser dona do seu propio destino.




Impresionante, verdade? Agora preséntoche máis mulleres que fixeron historia con esta actividade lim na que aprenderás xogando... verás o que descubrirás!

domingo, 3 de marzo de 2013

CHEGARON AS FLORES!

Aínda quedan uns días para a Primavera pero, na nosa aula, xa floreceron as árbores cunhas flores moi especiais... A súa misión e regalar   luz aos demáis e axudar a que o mundo sexa máis fermoso.


Dentro das actividades do xogo "O Corazón Máxico" (aprendendo a ser feliz) esta é unha delas. Trátase de debuxar unha flor na que escribimos "EU SON" e nos pétalos aquelas cualidades que nos identifican. 


Esta flor é a flor do noso sorriso, do noso amor que regalamos coa nosa risa. "Somos flores de saúde, regalamos fragancia, aromas de gratitude e felicidade..."

Míranos como relucimos!




E agora deixámosche aquí CONSELLOS PARA A FELICIDADE! (preme na imaxe)



 
aladin