domingo, 28 de abril de 2013

A BIBLIA

Este mes aos rapaces e rapazas de 3º de primaria propúxenlles un reto: que imaxinaran e elaboraran o deseño dunha portada da "Biblia"

A verdade é que, coma sempre, quedei moi sorprendida porque o resultado foi estupendo. Neste vídeo, que serve para pechar este homenaxe ao libro más leido do mundo, podes ver os seus traballos, acompañado dunha divertida canción que nos explica o que é este LIBRO SAGRADO, símbolo da fe de millóns de persoas no mundo. (Grazas a Inma Latorre de "La clase de reli en mi cole" por falicitarme esta canción)
 


E agora... que tal se pos a proba os teus coñecementos?

domingo, 21 de abril de 2013

ESPECIAL DÍA DO LIBRO "O ROCK DE XESÚS"

Para este mes especial adicado ao libro máis leido do mundo "A BIBLIA" os alumn@s de 6º de primaria e eu propuxémonos un reto: explicarvos as ensinanzas de Xesús, que foron escritas na Biblia, entre os anos 60 e 100 D.C. nos catro evanxeos: MARCOS, MATEO, LUCAS E XOÁN; dunha maneira orixinal e única, empregando o sentido do humor e adaptando os textos aos tempos modernos. 

Despois de case dous meses de traballo, elaborando escenarios e persoaxes,  conseguimos facer real este soño... 
Vaia  AVENTURA PLENA que vivimos! 


Este é o resultado do noso traballo: O ROCK DE XESÚS, en dúas partes!





 Feliz DÍA DO LIBRO 2013! (Premendo na imaxe accederás a un xogo educativo)


domingo, 14 de abril de 2013

ESPECIAL DÍA DO LIBRO: O SUPERLIBRO

iMAXINA  un libro que te transporta a momentos fantásticos da historia! ...ese é

SUPERLIBRO!

Cando dous nenos curiosos descobren accidentalmente un antigo libro, ábrenselles as portas a moitas aventuras fascinantes.

Este Superlibro transporta aos dous nenos e o seu robot séculos atrás e desembárcaos no medio de eventos históricos. 

Nenos de todas as idades gozarán viaxando no tempo para visitar as súas historias favoritas da Biblia. Poderás estar en primeira fila xunto a estes nenos, para ver cos teus propios ollos como suceden os eventos. Encantarache aprender acerca das grandes figuras do libro máis popular do mundo. 




E se queres xogar con estes novos amigos, preme na imaxe e adiante!

 

martes, 9 de abril de 2013

ESPECIAL O LIBRO MÁIS ANTIGO DO MUNDO: A BIBLIA


Neste mes no que celebramos o DÍA DO LIBRO programamos unhas actividades  sobre o libro máis antigo do mundo: A BIBLIA. 

Primeiro debemos saber un pouquiño
deste libro que naceu hai 6.000 anos. 

SÍ, estás a ler ben! 6000 anos! Entón as persoas non sabían ler, nin escribir, pero as historias deste libro xa andaban de boca en boca, chámase TRADICIÓN ORAL.

Logo, hai 3.000 anos, o Rei Salomón preparou na súa corte un lugar para ler e escribir, entón comezouse a escribir en papiros ou pergaminos e a lingua empregada era a hebrea, aramea e grega. 

Imaxina o traballo que daba escribir a man todas as súas historias! Sobre todo cando, na Idade Media, eran acompañadas de ilustracións!(nesta época eran os monxes nos monasterios os encargados da súa escrita) Porque a Biblia é unha gran biblioteca que ten 73 libros! 

Descubre máis sobre este libro neste poster dixital!

sábado, 6 de abril de 2013

DINÁMICAS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS (XOGOS NA ALFOMBRA MÁXICA)

Hoxe quero presentarche catro dinámicas, que realizamos na nosa alfombra máxica,  nas que valores como colaboración, obediencia, respecto, alegría, unión... son o ingrediente principal xunto con festa, baile, felicidade, imaxinación e creatividade.

Todos xuntos conforman unha receita estupenda para a autoestima! 

1) NESTA FESTA: O animador di "Todo o mundo nesta festa tense que divertir". Todo o que eu faga o teredes que repetir. A saltar, salta, saltar... Todos os xogadores repiten e executan unha e outra vez a acción nomeada. As acción a realizar poden ser saltar, bailar, abrazar...


 
2) O LIBRO MÁXICO: Collemos un libro calquera, neste caso a BIBLIA (xa que lle estamos a dedicar este mes) e empregamos a imaxinación para idear un obxecto imaxinario que sacamos del e simular unha acción. Por exemplo sacar unha raqueta de tenis e simular xogar ao tenis.



3) PATATRÁS: Hai tres palabras máxicas PATATRÁS (sentarse) PATADOC (levantarse), PATATUF (arrodillarse/axeonllarse). O que se equivoque cando se diga a plabra máxica e faga outra cousa distinta queda eliminado. 
4) FLOCOS (PALOMITAS) DE MILLO PEGADIZOS. Todos os participantes convértense en flocos de millo que se atopan dentro dunha tixola. A medida que se van quentando, van dando pequenos saltos. Aos poucos segundos todos saltan sen parar cos brazos pegados ao corpo. Cada floco de millo salta polo cuarto ao seu aire, pero se no salto se "pega" con outro floco, agárranse e deben seguir saltando xuntos. Conséguese que todo o grupo salte á vez. Música de fondo para esta actividade




E para celebrar que estamos de festa, neste caso unha moi especial... A PASCUA! bailamos esta canción. Podes ver o vídeo e seguir as instruccións que che indican, é moi doado!




lunes, 1 de abril de 2013

FELIZ PASCUA!

Este mes, e co motivo da celebración do DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL,  dedicarémolo a un libro moi especial: A BIBLIA.

De momento, e para ir abrindo boca déixovos un estupendo xogo en JCLIC para que poñades a proba os vosos coñecementos sobre a PASCUA, festa que estamos a celebrar. Que é? Cal é a súa orixe?...

Preme na imaxe, da permiso para executar e adiante!!



Ou ben experimenta con estas actividades lim  
 
aladin