domingo, 5 de mayo de 2013

A VIDA DE PI E A PORTA DA FE

Na aula estamos a visionar e traballar a pelicula "A vida de Pi" un film no que o tema principal é a FE. En realidade é unha reflexión sobre Deus e a relixión.

Pi, o protagonista, un rapaz que vive na India, é hindú e vexetariano pero como pensa que a FE é unha casa con moitas habitacións tamén quere ser da relixión católica, musulmán e xudea. Cando a súa familia decide emigrar a Canada, levando consigo os animais do zoo
no que traballaban, o navío no que embarcan naufraga durante unha tempestade. Comeza para Pi unha aventura de supervivencia na que Deus, a fe e a relixión están sempre presentes. 

A vida de Pi é a adaptación cinematográfica da novela do canadense nacido en Salamanca Yann Martel, gañadora do Premio Man Booker. Nesta película o director taiwanés Ang Lee propón ao espectador unha viaxe sen igual para que teña a certeza de que Deus existe e coida en cada momento de todos.  

Nós queremos presentarte a nosa visión sobre este tema cunhas coreografías da canción "LA PUERTA DE LA FE" DE LUNA EIKAR, escrita especialmente para o Ano da Fe que remata o 23 de novembro de 2013(Benedicto XVI). Nesta presentación en Symbaloo tedes a canción orixinal, unha coreografía para Educación Infantil a cargo desta profe, e as coreografías dos grupos 4º A, 4º B, 4º C, 5º A e 5º B. Parabéns a todos polo esforzo, traballo en equipo, toma de decisións, colaboración... para conseguir este resultado. 


 Aviso importante


Premendo nas dúas imaxes de Pi que acompañan a esta entrada hai unha sorpresa!






No hay comentarios:

 
aladin