lunes, 28 de octubre de 2013

MONSTRUARIO

Vaia colección de monstros bos que temos no cole para celebrar Samaín! Monstros que reparten apertas, bicos, comida, cartos, que limpan, que arranxan libros, que axudan a ser felices, que coidan do planeta terra, que axudan a facer os deberes, que intentan que os montes non ardan, que coidan dos océanos, que axudan a conseguir os retos, que fortalecen amizades...

Este é o noso MONSTRUARIO, un tesouro da creatividade! 


E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s. 


viernes, 25 de octubre de 2013

O HOME DO SACO!

Temos no cole un "HOME DO SACO" que é bo. No seu saco colecciona momentos bonitos da vida das persoas, desexos, soños...  Eses tesouros que todos temos agochados no noso corazón!

Entre tod@s contribuímos a encher o seu saco. Que ilusión!

Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!

Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!

Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!

Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.

Primeiro e infantil encheu o saco de sorpresas e a máis grande veu dende a biblioteca: unha rede de palabras ditas con tenrura que fixemos para o conto "O Xigante do Pantano" .

A verdade é que o saco quedou cheíño. Queredes botarlle unha ollada?

miércoles, 23 de octubre de 2013

O MONSTRO MÁIS MONSTRUOSO DO MUNDO

Por fin damos o resultado da proba de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos), do mes do outubro, no que tiñamos que adiviñar que monstro era o culpable de deixar todo emporcallado. 

Efectivamente PETROLEX é o que disfruta máis contaminando o planeta pero,  cada vez que tiras algo ao chan, deixas luces acendidas, non reciclas... estás axudando a que se faga máis forte.

Moitos dixeron dende o primeiro momento que era PETROLEX pero como bos investigadores había que explicar o por que.  Estes son os gañadores: 

LEMBRA que todos os nosos actos contra a Terra axudan a medrar ao monstro PETROLEX. E a nós que nos gustan tanto os contos, imaxinas que pasaría se Cinsenta vivise un mundo afectado polo cambo climático por culpa deste monstro? Cabazas achaparradas, castelos que se derriten e fadas madriñas sorprendidas por furacáns en leno voo son os protagonistas do curto de animación "Unha princesa en apuros".

martes, 15 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O XIGANTE DO PANTANO"

Este luns a nosa biblioteca abriu as súas portas  e, para celebralo, tivemos unhas sesións de contacontos nas que  dúas nais foron as encargadas de poñer voz. O conto elexido foi "O Xigante do Pantano" de OQO. Un conto que fala da intolerancia, dos medos...

Aquí tedes algunhas das mellores fotos do momento.


E, agora, chegou o momento de analizar o conto e traballalo na aula.


sábado, 12 de octubre de 2013

ARTE CON CHAPAS (RANGOLIS)

Cando alá por finais de xullo lancei a mensaxe de que necesitabamos chapas para unha ideiña non as tiña todas comigo. Xuntariamos as chapas suficientes? E despois? Seriamos capaces de levar a cabo a proposta de facer rangolis? Como sempre, o traballo en equipo, uns achegando chapas, outros coloreando e finalmente os alumn@s de 6º elaborando os seus propios rangolis, deu un excelente resultado plasmado na entrada da nosa biblioteca.

Pero... QUE É UN RANGOLI?

Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos. O país de orixe é a India e provén da mitoloxía hindú. Aquí che deixo dúas fermosas lendas que explican a súa orixe e o por que esta arte é das mulleres.


E se tes curiosidade e queres ver con que facilidade realizan estes deseños podes visionar este video:


Durante anos, as vivendas foron adornadas con estes debuxos como complemento ao rezo de oracións polo benestar das familias e para a protección da casa ante posibles desgracias. Tamén se realizan na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda.

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros.



CONTADORASONOS's  album on Photobucket

domingo, 6 de octubre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 1 (EXERCICIOS DE XIMNASIA CEREBRAL)

A creatividade é como unha caixa de sorpresas, nunca sabes o que te vas encontrar! É coma un tesouro máxico onde podes descubrir as cousas máis extraordinarias... "A creatividade é inventar, experimentar, medrar, correr riscos, romper as normas, cometer erros e divertirse" (Mary  Lou Cook).

Para alguén con creatividade o imposible non é máis que aquilo que aínda non inventou


Para perder o noso medo a non ser creativos, e axudar ao desenvolvemento da nosa imaxinación, imos facer uns exercicios.

1) Que che suxire esta música? Escoitamos cos ollos pechados e nun ambiente relaxado.


Ao rematar representa as túas ideas nun debuxo, con palabras...

2) Elabora unha lista de parecidos entre unha estufa e un gato

3) Que pasaría se todas as persoas tivesen telepatía e puidesen saber o que pensan os demáis?


Agora imos facer uns exercicios de ximnasia cerebral

viernes, 4 de octubre de 2013

O TESOURO DA CREACIÓN, ENIGMA NA BIBLIOTECA

Como me gusta o enigma que o noso amigo o Bibliorrato nos propón dende a Biblioteca e ende ADISCO! (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos).

Un traballo especial para nós, a "XENTE CE"! Ce de coidadores do planeta terra, de coidadores da Creación!

Debemos resolver o "ENIGMA DO ENSUCIADOR MISTERIOSO", quen é o monstro malísimo culpable de que o noso planeta, a Terra, este contaminado?

Esta é a carta na que se explica esta actividade coas pistas para poder investigar.

E estas as fichas cos sospeitosos...




Cal deles pensades que é?
 
aladin