sábado, 12 de octubre de 2013

ARTE CON CHAPAS (RANGOLIS)

Cando alá por finais de xullo lancei a mensaxe de que necesitabamos chapas para unha ideiña non as tiña todas comigo. Xuntariamos as chapas suficientes? E despois? Seriamos capaces de levar a cabo a proposta de facer rangolis? Como sempre, o traballo en equipo, uns achegando chapas, outros coloreando e finalmente os alumn@s de 6º elaborando os seus propios rangolis, deu un excelente resultado plasmado na entrada da nosa biblioteca.

Pero... QUE É UN RANGOLI?

Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos. O país de orixe é a India e provén da mitoloxía hindú. Aquí che deixo dúas fermosas lendas que explican a súa orixe e o por que esta arte é das mulleres.


E se tes curiosidade e queres ver con que facilidade realizan estes deseños podes visionar este video:


Durante anos, as vivendas foron adornadas con estes debuxos como complemento ao rezo de oracións polo benestar das familias e para a protección da casa ante posibles desgracias. Tamén se realizan na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda.

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros.



CONTADORASONOS's  album on Photobucket

No hay comentarios:

 
aladin