domingo, 24 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 4 (IOGA PARA NEN@S E UN XOGO DE PÉS)

Con todas as actividades que realizamos sobre creatividade estamos aprendendo que é a nosa responsabilidade coidar o noso corpo, a nosa pertenza máis valiosa e fonte do noso benestar emocional, co ioga conseguímolo.

Pero seguro que te estar a preguntar "que é o Ioga?". O ioga existía miles de anos antes de que os humanos comezasen a contar. Ioga significa unión, unión de que ou con que?... Unión de ti mesmo con todas as cousas do Universo! E como podes unirte co
marabilloso Universo que nos rodea? Pois transformándote no que queiras cada vez que o necesites. Se o fas, aprenderás as calidades que teñen non só os animais, as plantas, o sol, a lúa... senon tamén os obxectos, as formas, as cores... Potenciarás a túa creatividade empregando a túa imaxinación para xogar a ser o que queiras, pero sempre sen deixar de ser ti mesmo. Hai moitas cousas que podes ser:a máis importante é ser ti mesmo.

Isto é moi importante e debes telo sempre presente. Poderás elevarte como unha montaña, deslizarte como un crocodilo, flotar como unha nube, ruxir como un león... Todo se move coa mesma enerxía que ti te moves... Canto máis aprendas sobre o mundo que te rodea, máis te coñecerás a ti mesmo.




O primeiro que aprendemos na AULA DE COMPETENCIA EMOCIONAL (onde dentro do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO e en DIVERTIPATIO temos iniciación ao ioga) é a importancia dos pés, ese grandes esquecidos! E aquí, na aula, apoiamos ese aprendizaxe coa actividade QUE DIRÍAN OS NOSOS PÉS?
Consiste en escribir na pegada do pé algo que se te ocurra que podería decir.

Empezo eu, OS MEUS PÉS DIRÍAN: SÍGUELE!


jueves, 21 de noviembre de 2013

UN GRAN LIBRO CHEO DE CREATIVIDADE

Este estupendo libro está a agardar na nosa biblioteca por ti! Son as historias de Doña Castaña Pilonga resultantes do enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos) do mes de
novembro. Unha recopilación dos relatos gañadores e doutros relatos cheos de imaxinación. Nin te imaxinas as aventuras que viviu a nosa Castaña Pilonga! 




sábado, 16 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 3 (UN XOGO E UN CONCURSO MOI DIVERTIDO)

"O que conduce e move o mundo non son as máquinas senon as ideas" Victor Hugo, escritor francés.

Estamos axudando ao Bibliorrato neste exercicio de creatividade que se  puxo en práctica na escola publicitaria Panamericana School of Art an Desing.

Consiste en crear a maior cantidade de figuras partindo dun par de círculos ou dende unha "X". 

Este é o gran panel que temos nunha parede e onde imos colocando as nosas ideas.


E tamén colaboramos neste concurso tan creativo "Debuxa o teu cole cos Bolechas". Que debuxaremos? A nosa aula? O recreo? Un cole verde, bermello ou de cores? Estou desexando ver as ideas dos participantes!






domingo, 10 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 2 (UNHA PROPOSTA MUSICAL)

Para transformar o mundo que nos rodea é necesario empregar a creatividade, ese gran tesouro onde a imaxinación é a xoia principal. 

Para axudarnos a ser máis creativos podemos empregar A MÚSICA que,  é como o Amor, penetra na alma das persoas aportando felicidade. E se a isto lle engadimos a EXPRESIÓN CORPORAL, que fomenta tamén a creatividade, a imaxinación e a comunicación... pensade canta enerxía positiva xeraremos ao noso arredor!

Con esta explicación entederedes o por que desta proposta:


  •  Imos facer, entre tod@s, unha coreografía da canción "TE AMO" de ISRAEL HOUGHTON co rapeiro T-BONE (na que se celebra o amor a Deus) Dividirémola por grupos e cada un dará a súa visión. O vídeo resultante con este gran tesouro será o noso agasallo polo Nadal!


martes, 5 de noviembre de 2013

DINÁMICAS COAS CASTAÑAS


Este Venres celebrámolo Magosto e na aula de Competencia Emocional (onde gravamos os nosos vídeos, facemos distintas clases de dinámicas, xogos... e pronto, moi pronto, dentro do Proxecto Deportivo de Centro e da actividade "Divertipatio", clases de iniciación ao Ioga) xogamos a Dinámica "TRAS A PISTA DA CASTAÑA".

Se premes en Dona Castaña Pilonga poderás acceder ás distintas probas.
Esta castaña é a protagonista do enigma do mes de novembro de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Serás capaz de axudala?


 
aladin