domingo, 24 de noviembre de 2013

O TESOURO DA CREATIVIDADE 4 (IOGA PARA NEN@S E UN XOGO DE PÉS)

Con todas as actividades que realizamos sobre creatividade estamos aprendendo que é a nosa responsabilidade coidar o noso corpo, a nosa pertenza máis valiosa e fonte do noso benestar emocional, co ioga conseguímolo.

Pero seguro que te estar a preguntar "que é o Ioga?". O ioga existía miles de anos antes de que os humanos comezasen a contar. Ioga significa unión, unión de que ou con que?... Unión de ti mesmo con todas as cousas do Universo! E como podes unirte co
marabilloso Universo que nos rodea? Pois transformándote no que queiras cada vez que o necesites. Se o fas, aprenderás as calidades que teñen non só os animais, as plantas, o sol, a lúa... senon tamén os obxectos, as formas, as cores... Potenciarás a túa creatividade empregando a túa imaxinación para xogar a ser o que queiras, pero sempre sen deixar de ser ti mesmo. Hai moitas cousas que podes ser:a máis importante é ser ti mesmo.

Isto é moi importante e debes telo sempre presente. Poderás elevarte como unha montaña, deslizarte como un crocodilo, flotar como unha nube, ruxir como un león... Todo se move coa mesma enerxía que ti te moves... Canto máis aprendas sobre o mundo que te rodea, máis te coñecerás a ti mesmo.




O primeiro que aprendemos na AULA DE COMPETENCIA EMOCIONAL (onde dentro do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO e en DIVERTIPATIO temos iniciación ao ioga) é a importancia dos pés, ese grandes esquecidos! E aquí, na aula, apoiamos ese aprendizaxe coa actividade QUE DIRÍAN OS NOSOS PÉS?
Consiste en escribir na pegada do pé algo que se te ocurra que podería decir.

Empezo eu, OS MEUS PÉS DIRÍAN: SÍGUELE!


No hay comentarios:

 
aladin