domingo, 3 de marzo de 2013

CHEGARON AS FLORES!

Aínda quedan uns días para a Primavera pero, na nosa aula, xa floreceron as árbores cunhas flores moi especiais... A súa misión e regalar   luz aos demáis e axudar a que o mundo sexa máis fermoso.


Dentro das actividades do xogo "O Corazón Máxico" (aprendendo a ser feliz) esta é unha delas. Trátase de debuxar unha flor na que escribimos "EU SON" e nos pétalos aquelas cualidades que nos identifican. 


Esta flor é a flor do noso sorriso, do noso amor que regalamos coa nosa risa. "Somos flores de saúde, regalamos fragancia, aromas de gratitude e felicidade..."

Míranos como relucimos!




E agora deixámosche aquí CONSELLOS PARA A FELICIDADE! (preme na imaxe)



 
aladin