sábado, 6 de abril de 2013

DINÁMICAS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS (XOGOS NA ALFOMBRA MÁXICA)

Hoxe quero presentarche catro dinámicas, que realizamos na nosa alfombra máxica,  nas que valores como colaboración, obediencia, respecto, alegría, unión... son o ingrediente principal xunto con festa, baile, felicidade, imaxinación e creatividade.

Todos xuntos conforman unha receita estupenda para a autoestima! 

1) NESTA FESTA: O animador di "Todo o mundo nesta festa tense que divertir". Todo o que eu faga o teredes que repetir. A saltar, salta, saltar... Todos os xogadores repiten e executan unha e outra vez a acción nomeada. As acción a realizar poden ser saltar, bailar, abrazar...


 
2) O LIBRO MÁXICO: Collemos un libro calquera, neste caso a BIBLIA (xa que lle estamos a dedicar este mes) e empregamos a imaxinación para idear un obxecto imaxinario que sacamos del e simular unha acción. Por exemplo sacar unha raqueta de tenis e simular xogar ao tenis.



3) PATATRÁS: Hai tres palabras máxicas PATATRÁS (sentarse) PATADOC (levantarse), PATATUF (arrodillarse/axeonllarse). O que se equivoque cando se diga a plabra máxica e faga outra cousa distinta queda eliminado. 
4) FLOCOS (PALOMITAS) DE MILLO PEGADIZOS. Todos os participantes convértense en flocos de millo que se atopan dentro dunha tixola. A medida que se van quentando, van dando pequenos saltos. Aos poucos segundos todos saltan sen parar cos brazos pegados ao corpo. Cada floco de millo salta polo cuarto ao seu aire, pero se no salto se "pega" con outro floco, agárranse e deben seguir saltando xuntos. Conséguese que todo o grupo salte á vez. Música de fondo para esta actividade




E para celebrar que estamos de festa, neste caso unha moi especial... A PASCUA! bailamos esta canción. Podes ver o vídeo e seguir as instruccións que che indican, é moi doado!




video
 
aladin