jueves, 19 de junio de 2014

MEMORIAS DO CURSO E O LARETEIRO DO XALLAS

Despídome de vos lembrando os mellores momentos nesta memoria virtual moi resumida...



E aquí podedes profundizar máis na experiencia deste curso.


Por suposto, para un bo final, non podía faltar a nosa revista do cole "O LARETEIRO DO XALLAS"




FELICES VACACIÓNS A TOD@S

jueves, 29 de mayo de 2014

UNS GRAFFITIS MOI ESPECIAIS

Expresamos a nosa espiritualidade e fe a través dos graffitis! 




martes, 13 de mayo de 2014

SAN JORGE E O DRAGÓN

Vaia aventura máis interesante viviu San Jorge! Logrou rematar cun dragón e ao facelo o seu sangue converteuse en rosas vermellas!

Estes son os debuxos elexidos, para acompañar esta entrada, entre todos os dos alumn@s de 4 de primaria. 

E aquí tedes a historia de San Jorge presentada polas tres mellizas.


Podedes axudar a San Jorge a salvar a princesa neste xogo... 

http://www.masquejuegos.es/juegos-de-plataformas-la-princesa-y-el-dragon_play_1058

lunes, 28 de abril de 2014

ESPECIAL DÍA DO LIBRO: TEATRO "O SEGREDO DO DRAGÓN"

Nun reino como os dos contos de princesas e cabaleiros chega o rumor de que un fero dragón vive preto de alí e que custodia un precioso tesouro.

O rei Clodoveo decide que quen vaia loitar coa fera e se apropie do tesouro leve a man da súa filla.

Pero á princesa Harmonía isto non lle parace nada ben e decide ir ela mesma a resolver o misterio...

A súa sopresa será moi grande cando descubra que o tesuouro non é o que todos pensan!

lunes, 21 de abril de 2014

FELIZ PASCUA CON F DE FANTÁSTICO E QUE VIVA A VIDA!!



Un heroe é unha persoa admirada polas súas fazañas e virtudes. Dende xaneiro levamos aprendendo a ser súper heroes da paz así que, agora, xa estamos preparados para pasar ao seguinte nivel: obter a F DE FANTÁSTICOS!

Ser FANTÁSTICO significa ser extraordinario, ser máis que un heroe... Se estás disposto a conseguir o teu F segue lendo!



  • Primeiro paso para obter o teu F:

Vence aos teus inimigos!

Todos os FANTÁSTICOS teñen inimigos! Estes son os supermalvados que poden poñer pedras no noso camiño. Recoñeces algún ao teo arredor? Ou.. o que é peor es ti un deles?





  • Segundo paso para lograr o F:

 Persegue os teus soños! 


Se logras enfrontarte aos teus inimigos poderás con todo! Isto é o que lle pasa a "Siempre", un xoven idealista que lle conta a súa veciña "Nunca" o seu desexo: VIAXAR ATA O SOL! (Canción de Rayden, ilustracións do libro Helena Hache)





E ti que soños tes?




  • Terceiro paso para conseguir o F de fantástico:


Nunca perdas a esperanza! 

Sor Cristina, unha monxa que superou todos os obstáculos e que  está participando no concurso "La Voz" de Italia quería compartir os seus dons... e non se lle ocurreu outra cousa que presentarse ao concurso! Sabes que grazas a isto vai grabar un disco e cos cartos que se recauden construiráse un hospital? Posiblemente nunca ocurriría isto se fora cobarde e non tivera esperanza... A que si?


  • Cuarto paso para obter o F de fantásitco:

Vive a vida!!!!!


viernes, 11 de abril de 2014

MÁIS ARTE E ARTISTAS!

Acabamos de traballar na aula a película "O home que facía milagres" unha animación producida por Mel Gibson que trata da vida de Xesús de Nazaret e que aos rapaces lles gustou moito. 

Nela emprégase a técnica do "stopmotion" e mézclanse os debuxos animados cos bonecos de plastilina polo tanto o resultado é abraiante! Deste xeito os rapaces estiveron durante hora e media interesados, concentrados e aprendendo como Xesús ensinaba aos seus discípulos e curaba aos enfermos.
Estes son algúns debuxos que realizaron despois do seu visionado...




 Tamén coñecemos a Patxi Velasco, máis coñecido como FANO, un ilustrador que cos seus debuxos ensina a vida de Xesús a grandes e maiores.

 


Esta é a cruz de Fano que estamos a traballar na aula! 


Felices vacacións de Semana Santa a tod@s e ata a volta!

lunes, 7 de abril de 2014

EXPOSICIÓN "PINTANDO COMO LEANDRO LAMAS" PORQUE A PINTURA É OUTRA FORMA DE LER (ESPECIAL DÍA DO LIBRO)

E por fin temos completada a exposición sobre o pintor Leandro Lamas! 

1º A: Caracol, caracol... a quen levas na tua cuncha de amor
1º B: Que garda no seu peto maxico esta meniña?
2º A: E a ti... onde che gustaria ler?
2º B: E a aviadora de Leandro polo mundo vai voando
3º A e B:Quen vive nesta casa?
 4º A: Esta gran actriz ten facetas mil!
4º B: Contos e maxia levan a ciclista a un mundo de fantasia!
 Terceiro ciclo: E así pintan os artistas do terceiro ciclo... Fenomenal! 

Premendo na imaxe da exposición que ves a continuación poderás acceder a todos as fotos.


domingo, 30 de marzo de 2014

MÁIS ARTISTAS COMPARTINDO DONS!

Os nenos de 1º A presentan a interpretación do cadro de Leandro Lamas que lles tocou e titulárono "Caracol, caracol... a quen levas na túa cuncha de amor?"




 
E os artistas de 1º B presentan: "Imaxina, imaxina... que leva no seu peto máxico esta meniña?


 


domingo, 23 de marzo de 2014

SOÑOS, DONS, UNHA MONXA, UN PINTOR, UNHA CANCIÓN E MOITA IMAXINACIÓN!

Dende a Biblioteca, e dende ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos) ven a proposta de converter o noso cole nun museo. Que ben! Co arte aprendemos a ser máis tolerantes e abertos, axúdanos a traballar e equipo, aumenta a confianza en nós mesmos e, sobre todo, esperta a nosa creatividade!

O artista que estudamos na nosa aula é LEANDRO LAMAS e como vedes na foto da súa presentación ten moitísimos dons. Todos e cada un de nós temos un don dentro e estamos chamados a desarrollalos, potencialos e compartilos (Lc 12, 32-34) (Salmo 37) (Mateo 25, 14-30). Os nosos soños fan que os nosos dons e talentos se poñan en acción e e así como medramos espiritual e persoalmente. 

A continuación preséntovos a algúen moi especial que leva a práctica todo isto.






Os alumnos de 2º A tamén estiveron a potenciar os seus talentos e crearon esta poesía visual, a partir dun cadro do pintor Leandro Lamas, titulada "E a ti... onde che gustaría ler?" (Se premes nela accederá a unha canción que servirá para unha meditación especial) 






miércoles, 12 de marzo de 2014

OS NOMES DE DEUS E UNHA CHOIVA DE BENDICIÓNS!

No pensamento xudeu o nome non é unha designación arbitraria ou un grupo de sons, o nome dinos a natureza, a esencia, a historia daquel que é designado con el.

Como estamos a traballar a importancia dos nomes e o seu significado non nos podemos esquecer do o significado dalgúns dos nomes de Deus. 



 Nesta actividade intentamos pegar, arredor da ilustración de Deus do debuxante FANO, os 23 nomes da ficha anterior (traballando tamén de paso a orientación espacial e coordinación óculo-manual)

 O máis divertido?... O xogo percorrendo os nomes de Deus ata chegar a él! 

E, por suposto, a canción, da casiña 16, que se converte no noso himno para este trimestre, CHOIVA DE BENDICIÓNS!

jueves, 6 de marzo de 2014

NOMES IMPORTANTES, NOMES DE SÚPER HEROÍNAS

Todo Súper Heroe debe escoitar aos demais para poder axudalos pero tamén para aprender deles. 

No mundo hai millóns de nenas que son explotadas, obrigadas a traballar dende pequenas, que non van a escola, que son humilladas por ser mulleres..

Para conmemorar o día 8 de marzo, día da muller traballadora, imos coñecer a historia dunhas SÚPER NENAS. Seguro que os seus nomes non se nos esquecen! Con elas comprenderedes que os nenos e as nenas non ha de ter, necesariamente, as mesmas necesidades nin os mesmos intereses. E que, non se trata de que uns manden sobre os outros ou sexan máis importantes, senon que debe primar a IGUALDADE.

viernes, 28 de febrero de 2014

UN TESOURO DE ENTROIDO

Que ben o pasamos neste entroido especial "Tesouros". 

Seguindo o noso mapa é moi fácil adiviñar de que fomos disfrazados...


Aquí tedes a nosa reportaxe deste día. A disfrutar!!! 
 

viernes, 21 de febrero de 2014

SILUETAS PARA A REFLEXIÓN

A primeira tarefa dun súper heroe da paz é coñecerse a sí mesmo pois só coñecéndote ben e tendo dentro de ti paz poderás levala ao teu arredor.

E... como vas a descubrir a paz que eres, como vas a agradecer a paz que podes sentir, percibir, dar e imaxinar? Pois practicando moito!

O primeiro exercicio para conseguir isto chámase SILUETAS PARA A REFLEXIÓN. Este é un exercio de escritura creativa moi especial: aos nenos e nenas fainos pensar en si mesmos, reflexionando sobre a súa identidade,  e axúdalles a coñecerse mellor. 

CONSIGNA: debuxa no papel a túa silueta e escribe, en cada parte do corpo, o que se pide: 



E aquí tes unha divertida coreografía relacionada coa nosa silueta. Verás que divertida é!

miércoles, 12 de febrero de 2014

DÍA DE SAN VALENTIN E QUE VIVA O AMOR!

Neste mes que estamos a estudar a orixe dos nomes preséntovos un nome especial "VALENTÍN" que significa "VALENTE" "O QUE TEN GRAN FORTALEZA" e procede do latín. O 14 de febreiro é o día do amor e da amizade, en honor a SAN VALENTíN. A continuación podedes ler a súa historia.


No colexio, para conmemorar esta data, elaboramos o BUZÓN DA AMIZADE, cuio obxectivo é fomentar o compañeirismo, a amizade e a cordialidade entre os alumn@s do centro. Neste buzón metemos as nosas cartas a un amig@ con mensaxes de cariño. Cando esté cheo, os axudantes carteiros do Bibliorrato pasarán polas aulas, na hora de ler, repartindo este correo especial. 



Déixovos os materiais por se queredes xogar na casa a mandar cartas cariñosas.


LEMBRA CANTAR SEMPRE AO AMOR E RODEARTE DEL  PORQUE É O TESOURO MÁIS VALIOSO QUE UN TEN!


viernes, 7 de febrero de 2014

SOMOS ATRAPANOMES!

A raíz do conto "A princesa que perdeu o seu nome"  o noso amigo o Bibliorrato, dende a biblioteca e ADISCO (Axencia
de Información Sobre Coñecementos Ocultos), propón esta actividade para que aprendamos a importancia de ter un nome, símbolo da nosa identidade.


TEMOS QUE SER ATRAPANOMES!

Primeiro, investigando  porque nos puxeron o noso nome, segundo buscando a orixe do noso nome, o seu significado, persoaxes importantes co noso nome...  e terceiro, deseñando con esta información o noso propio ex-libris (unha imaxe identificativa que se coloca nos libros indicando a quen pertencen). 




E aquí vos deixo unha selección do santoral. Mirade ben se atopades o voso santo!



jueves, 30 de enero de 2014

MÓLAME A PAZ! ESPECIAL PAZ 2014

Para conmemorar O DÍA DA PAZ tivemos un evento especial na biblioteca. Primeiro puxemos unha pantalla en negro explicando que esta é a cor de situacións de guerra: cando pelexamos, cando odiamos, envexamos, cotilleamos, maltratamos, insultamos... que negro escuro é o noso mundo! Pero como todos desexamos a paz, e un mundo blanco e con luz, imos gritar MÓLAME A PAZ!




E cos contos "A princesa que perdeu o seu nome"
(Adaptación ao galego do libro de Pilar Mateos, editorial Edelvives-Ala Delta) e da princesa da paz (especial para infantil coa canción "La paloma de la Paz" ao final da presentación) esperamos que nos quede claro o importante de "estar" e "manter" a paz todos os días da nosa vida. Aquí vos deixo os contos para que os disfrutedes. Grazas a Beatriz, nai de Iñaki e Maitena por colaborar como contacontos nesta experiencia!




Este día tamén entregamos os premios aos SÚPER HEROES DA PAZ elexidos por vós, correspondentes a proba de ADISCO do mes de xaneiro. Unha foto coa montaxe como súperheroe, a letra "S" de súper heroe, en chocolate, e para os de terceiro ciclo un cómic dun súper heroe especial: BIBLOS SÚPER HEROE DE BIBLIOTECA! Do que, premendo na imaxe, podedes coñecer moito máis.

http://www.rtve.es/noticias/20120927/biblos-superheroe-anima-leer-chavales/565102.shtml

 

martes, 21 de enero de 2014

OS SÚPER HEROES DA PAZ DO COLEXIO

Este é o resultado da proba de Adisco do mes de xaneiro no que tiñamos que votar ao Súper Heroe da Paz. Despois das votacións e de superar unha probas na aula, estes son os Súper Heroes da paz do colexio! 

1º A: O EQUIPO DAS SÚPER NENAS formado por:
 • CARLA BLANCO: co superpoder de axudar. 
• LUCÍA CALVO: co superpoder de xogar con todos.
 • LUCÍA GORGAL: co superpoder da bondade. 
• LUCÍA GARCÍA: co superpoder da amizade. 

2º A: LAURA CALVO: cos superpoderes da bondade, deixar xogar aos demáis, respectar aos outros e as normas. 

2º B: PEDRO RIAL: cos superpoderes da responsabilidade, escoitar á xente, xogar e falar con todos, tranquilidade, bondade, ter moita imaxinación, axudar a entender os problemas, axudar aos amigos, alegría e bo comportamento. 

5º B: UXÍA TASENDE: cos superpoderes da amabilidade, honestidade, facerse querer, axudar a calmar os ánimos cando os demais discuten, falar sempre con boa intención, levarse ben con todos e respectar aos compañeiros. 

6º A: IVÁN FIDALGO: cos superpoderes de alegría, saber estar nas distintas situacións (alegre cando as cousas son alegres e serio cando se tornan máis duras), axudar aos demáis a quitarlle importancia aos acontecimentos malos, saber escoitar, concentración e adicación as tarefas.
 
6º B: MIGUEL SUEIRO: cos superpoderes da educación, amizade, compañeirismo e saber estar. 

PARABÉNS A TOD@S!!!!

E agora quero presentarvos a SÚPER LOLA unha nena que é unha auténtica Superheroína!

lunes, 13 de enero de 2014

BÚSCASE SÚPER HEROE DA PAZ

Ás veces parece que todo o que escoitamos nos medios de comunicación é a guerra, violencia e crueldade. Pero sabemos que a paz e a bondade están por todas partes arredor noso e que  hai moitas persoas que son súper heroes. Como podemos recoñecer a un súper heroe? Atende ben as pistas que che da SuperPepo.

http://www.youtube.com/watch?v=hAgsEpPkl5o
   
Sabendo todo isto, a misión deste mes de xaneiro da proba de ADISCO (Axencia De Información Sobre Coñecementos Ocultos) será atopar ao Súper Heroe da  Paz do colexio! Tedes que elexir ao compañeiro que mellor encaixe na descrición, escribir o se nome nun papel explicando o porque da túa decisión e deixalo na caixa de ADISCO que está diante da biblioteca. Este é o modelo de nota...


 Quen será o noso Súper Heroe?

miércoles, 8 de enero de 2014

SUPER HÉROES DA PAZ

Neste mes de xaneiro, no que o día 30 se celebra o "DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA", preséntovos a SUPERPEPO, un súper heroe da paz. 

En realidade é  un neno coma vós que vai ao cole pero que tamén se forma nunha academia especial: A ACADEMIA DE JOTAM. Alí estudia asignaturas tan importantes como "métodos para tratar as persoas con cariño", "aprender a axudar a quen o necesita", "control da propia forza", "responsabilidade en situacións extremas" "o poder da imaxinación", "o poder de escoitar aos demais"... 

Practicando estas asignaturas ti tamén podes chegar a ser un auténtico súper heroe, só tes que estar dispost@! 

Anímaste?


 
aladin